Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2022

Servizo de atención á infancia na Popular de Matogrande

Este ano impulsamos a conciliación entre actividade deportiva e familia e con ese obxectivo estableceuse para todas as carreiras do circuíto, empezando esta fin de semana pola de Matogrande, un servizo de atención á infancia para as fillas e fillos das persoas corredoras, vaian competir ou non posteriormente en carreiras de menores.

A grande inscrición tanto na carreira absoluta como nas carreiras de "peques", con máis de 200 corredores e corredoras na categoría dos/as máis novos/as, levou á organización a adoptar medidas de conciliación para as persoas participantes.

Para a atención aos/ás máis novos/as contarase con monitores/as titulados/as en tempo libre en número necesario para garantir unha cociente de 10 nenos/as por cada monitor/a. Por esta razón faise necesario coñecer previamente o número de solicitudes. Basta con contestar á comunicación que reciban desde a organización, dando resposta a se farán uso do servizo e, en caso afirmativo, indicando o nome e a idade do/a neno/a.

As nenas e nenos estarán nun espazo acoutado e valado, haberá listaxes deles/as e todos/as estarán perfectamente identificados. Así mesmo, implantaranse as medidas sanitarias necesarias para garantir a seguridade nas actividades lúdicas para os/as máis pequenos/as.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión