Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2021

Sevilla e A Coruña mellorarán a súa conectividade e traballarán conxuntamente na promoción de ambos os destinos turísticos

A alcaldesa, Inés Rey, e o xerente de Turismo de Sevilla, Antonio Jiménez, asinaron un convenio de colaboración para publicitar as dúas cidades e aumentar a afluencia de visitantes

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o xerente de Turismo de Sevilla, Antonio Jiménez, asinaron un convenio marco co fin de dar un paso máis na colaboración entre ambas as cidades para se promocionar e acadar así mellores resultados de posicionamento turístico.

Os principais obxectivos deste acordo son o desenvolvemento de accións que contribúan a optimizar a marca e imaxe dos destinos combinados. Ademais, a colaboración selada esta mañá entre Congresos e Turismo de Sevilla (Contursa) e o Consorcio de Turismo da Coruña incluirá o fomento de actuacións entre Sevilla e A Coruña. O Goberno local pretende así potenciar a afluencia de novos turistas en beneficio das industrias do sector das dúas cidades. Ambas as entidades comprométense a través deste acordo a traballar nunha vía estable de colaboración que lles permita intercambiar soportes publicitarios e apoiarse tecnicamente canto a accións promocionais que cada un dos destinos realiza noutro municipio.

Outra liña de actuación será a organización de actividades conxuntas tanto para o público final como para axentes intermediarios en terceiros mercados estratéxicos, desde prestacións a visitas comerciais, seminarios de formación ou accións de comunicación e mercadotecnia dixital. Por outra banda, establécese un protocolo conxunto de intercambio promocional turístico que lles permitirá articular o ano que vén FAM e Press Trips en ambas capitais, polo que se levarán a cabo viaxes de familiarización para operadores turísticos e axencias de viaxe no primeiro dos casos e dirixidos a medios de comunicación na segunda tipoloxía.

Deste xeito, as e os profesionais vivirán a súa experiencia en primeira persoa á vez que se dan a coñecer os voos que enlazan ambas as cidades tanto turística como comercialmente. En concreto, a alcaldesa acordou co presidente da Asociación de Axentes de Viaxes de Sevilla, Jose Manuel Lastra, realizar promocións conxuntas na Coruña entre a rede de axentes que forman parte de dito colectivo.

Por último, os dous organismos públicos apostarán pola sostibilidade social, económica e medioambiental en todas e cada unha das accións previstas e crearán unha comisión de seguimento para aunar esforzos e coordinar o desenvolvemento das accións conxuntas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión