Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de agosto de 2025

Suspéndese a xornada do domingo do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras pola previsión meteorolóxica adversa

Ante esta situación, a organización adoptou a decisión de concentrar toda a competición na tarde do sábado

O Concello informa, en base ao comunicado remitido pola Federación Galega de Remo e a Asociación Liga Noroeste, da suspensión da xornada do domingo pola mañá do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras, tras avaliar as previsións meteorolóxicas previstas para ese día.

Segundo o informe do Comité de Seguridade, as condicións do mar previstas supoñen un risco para a seguridade das tripulacións participantes. Os datos achegados pola AEMET e MeteoGalicia sinalan a presenza de marusía con ondas de entre 3 e 4 metros, ventos sostidos de 12 a 16 nós e refachos que poderían alcanzar os 22 nós, superando os límites permitidos polos protocolos de seguridade.

Durante esta semana, o comité realizou probas no campo de regatas en condicións similares ou mesmo máis favorables, constatando que a ondada rompe na zona prevista para a instalación do tren de balizas de terra, o que dificulta o embarque das tripulacións e a celebración da proba.

Ante esta situación, a organización adoptou a decisión de concentrar toda a competición na tarde do sábado, cando as previsións meteorolóxicas son favorables para a práctica deportiva. Valorouse a posibilidade de trasladar a regata a unha ubicación alternativa, en coordinación coa Autoridade Portuaria, pero as dimensións do campo de regatas impiden a súa celebración en espazos portuarios.

Tamén se barallou un posible aprazamento para o primeiro fin de semana de setembro, mais a coincidencia cun partido de fútbol no estadio de Riazor impide a súa organización ese día.

A competición do sábado adaptarase ao formato de regata en liña con cinco boias e quendas lanzadas cada minuto:

Categoría feminina

  • 17:30 h: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º da LGT
  • 17:31 h: 6º, 7º, 8º, 9º e 10º da LGT

Categoría masculina

  • 18:00 h: 9º, 8º, 7º e 6º de Liga A
  • 18:01 h: 5º e 1º de Liga B con 11º e 10º de Liga A
  • 18:30 h: 5º, 4º, 3º, 2º e 1º de Liga A

No caso de que o mar non permita a regata en liña o sábado, a proba realizarase en modalidade contrarreloxo. Tamén se valora a posible suspensión se as condicións son desfavorables.

Desde o Concello da Coruña agradecemos a comprensión da cidadanía e das entidades participantes, así como o labor da organización para garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento da competición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión