Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2021

Suspensión das escolas deportivas municipais

As novas restricións obrígannos a suspender as escolas deportivas municipais desde o día 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro, sen prexuízo das modificacións posteriores que se poidan adoptar.

Lembrámoslles a todo o alumnado que na web de Deportes ten á súa disposición o Programa deportivo "en liña", no que atoparán vídeos para continuar coa práctica deportiva.

Desde a Concellería de Deportes, queremos axudar a evitar o sedentarismo e contribuír a unha rutina de vida saudable.

Con este programa dirixido a todas e todos, desde os 6 ata os maiores de 60 anos de idade, podes elixir a actividade que máis che guste e continuar movéndote.

Continúa coa actividade física na túa casa e non pares!

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión