Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2019

Talleres de maxia de Nadal

Queres aprender maxia este Nadal? Apúntate aos talleres de iniciación á arte da Maxia que ofrece o Concello da Coruña (gratuítos) en varios Centros Cívicos e bibliotecas este Nadal!

Consulta a lista de días e lugares para non quedar sen praza! Como me apunto? Envíanos un e-mail a talleresmagia@gmail.com para reservar a túa praza. Indícanos o nome e apelidos da persoa que se queira apuntar, así como a idade e teléfono de contacto. Finalmente dinos o día e taller ao que che gustaría asistir. Confirmarémosche antes de 24 horas se hai praza e os pasos para seguir para participar.

Lembra que cada persoa poderá ir unicamente un día a un só taller.

- Talleres de maxia para nenos de 7-12 anos

- Talleres de maxia para adultos de 13-99 anos

Que aprenderei? Terás a oportunidade de iniciarte na arte da maxia. Cada taller está pensado para un grupo reducido de ata 12 asistentes. Para realizalo non se require de ningunha habilidade especial nin de coñecementos previos de ilusionismo. Formarás parte dun grupo de aprendices de magos que será partícipe de sorprendentes demostracións e explicacións de varios trucos, e practicaredes os exercicios necesarios para que poidades asombrar logo aos vosos familiares e amigos.

Os talleres serán impartidos por Kiko Pastur, ilusionista profesional da Coruña con máis de 20 anos de experiencia, varios premios internacionais e ampla traxectoria como divulgador e profesor de maxia, que outorgará un diploma de "mago aprendiz" a todos os asistentes ao taller.

Documentos:

CONSULTA OS TALLERES DE MAXIA NOS CENTROS CÍVICOS DA CIDADE (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión