Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2022

Todo empeza por un bo "breakfast run"

Celebrarase o sábado 1 de outubro, véspera do Maratón Atlántica Coruña42

Din que a comida máis importante do día é o almorzo e por iso Coruña42 chega co seu particular 'Breakfast Run Solidario', que se celebrará o sábado 1 de outubro, véspera do Maratón Atlántica, a beneficio da Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO) e coa organización do Concello da Coruña.

O obxectivo do 'Breakfast Run Solidario' é que as persoas participantes na Coruña42 preparen as súas pernas para a esixente proba do domingo. Así, estableceranse tres ritmos: un de trote lixeiro, con Julia Vaqueiro como guía; outro máis suave, con Andrés Díaz como 'lebre' e un terceiro que se corresponderá coa andaina.

Esta proba non competitiva comezará ás 09.30 horas no paseo do Parrote, punto de partida e tamén de chegada. Todos aqueles que acudan ao 'Breakfast Run Solidario' percorrerán o paseo Marítimo cara á Torre de Hércules e pola zona peonil, polo que non afectará o tráfico rodado.

Os tres grupos chegarán á meta ao mesmo tempo ao incorporarse na parte final do percorrido os participantes da andaina

A inscrición para o 'Breakfast Run Solidario', limitada a 750 prazas, 50 delas da Asociación de Dano Cerebral da Coruña, pode completarse nesta ligazón. Ademais, ADACECO facilita a posibilidade de inscribirse presencialmente na súa sede; o venres (de 17.00 a 21.30 horas) en Exporunning, a feira do corredor, que se celebra no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco), e o sábado, no posto que se habilitará no paseo do Parrote de 8 a 9 horas. No mesmo horario, tanto o venres como o sábado, efectuarase a entrega das pulseiras.

A cota do 'Breakfast Run Solidario' é simbólica: un euro para as persoas que se apuntaron a Coruña42 e dous euros para o resto de participantes. O importe íntegro doarase a ADACECO.

Despois da carreira, na zona próxima a meta, as persoas participantes, coas súas pulseiras acreditativas, poderán retirar o xantar do 'Breakfast Run Solidario', xentileza de Sanbrandán e Cafés Delta, colaboradores do evento.

Documentos:

Regulamento Breakfast Run Solidario 2022 (138 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión