Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2021

Todo Público: aínda quedan prazas vacantes para os espectáculos de Secundaria

O IMCE ofrece aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19

Os espectáculos que se ofrecen para Educación Secundaria son os seguintes:

Espectáculo

Compañía

Nivel

Datas

Horario

Duración

Data tope de abono

Libre como os paxaros

Teatro do Atlántico (Galicia)

2º ciclo ESO e BACH - FP

12 de novembro de 2021

11.30 h

60 min

9 de novembro

Querella de Lope y las mujeres

Calema Producións (Madrid)

BACH - FP

3 de decembro de 2021

11.30 h

70 min

30 de novembro

Don Gaiferos

Os Monicreques de Kukas (Galicia)

1º ciclo ESO

17 de decembro de 2021

12.00 h

60 min

14 de decembro

Os centros interesados deben realizar a inscrición a través da ficha de solicitude específica que "Despacho de billetes de teatro do IMCE: Todo Público".

Medidas de prevención fronte á COVID-19

Fronte a pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar se desenvolva en condicións óptimas de seguridade, sen que perda a súa esencia e calidade, temos implantadas todas as medidas hixienico-sanitarias previstas na lexislación vixente. Medidas que foron adaptadas expresamente para o programa escolar:

  • A capacidade máxima será da porcentaxe de prazas segundo a lexislación sanitaria vixente, incluídas as do profesorado.
  • Os grupos escolares de distintos centros estarán separados por unha ringleira de butacas baleira.
  • Realizarase a limpeza e desinfección do auditorio antes e despois de cada función.
  • Co obxecto de realizar a desinfección entre funcións, cando as haxa, a 2ª función farase as 12.00 h.
  • Instalación de puntos de hixiene dotados con dispensador de xel hidroalcohólico e papeleira con tapa e pedal á entrada do auditorio.
  • Todo o persoal de produción (control de entrada, acomodadores, xefa de sala, persoal técnico e de limpeza) levará en todo momento máscara tipo FFP3 e luvas, con excepción de artistas e técnicos durante o tempo de execución do espectáculo.
  • Recoméndase o aboamento das entradas mediante tarxeta de crédito.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión