Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xaneiro de 2023

"Todo público". Programación de teatro para centros escolares. Primavera 2023

Curso 2022/2023. Aberto o prazo de inscrición.

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, no Forum Metropolitano (e no Teatro Colón), para achegar as artes escénicas á infancia e á mocidade.

  • Cada grupo poderá inscribirse nunha única obra de teatro durante o curso 2022/2023. Os grupos que xa asistiron no 1º trimestre non poderán inscribirse na convocatoria de primavera.
  • Todos os espectáculos serán no Forum Metropolitano, excepto "Crisálida" que será no Teatro Colón.
  • As funcións faranse en horario de 10.00 e 12.00 h para EI e EP, e ás 12.00h para É.
  • Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; é gratis para o profesorado acompañante.
  • O aforamento máximo será de 300 espectadores, incluído o profesorado, e poderá verse reducido en función das características dalgún espectáculo.
  • As prazas adxudicaranse automaticamente, por rigoroso orde de petición.
  • Se houbese máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha lista de espera para cada función, co obxectivo de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.

Inscrición para os centros

  • para os centros do municipio: a partir do luns 16 de xaneiro;
  • para os centros doutros municipios: a partir do xoves 19 de xaneiro.

Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público"

No caso de esquecer o seu contrasinal e necesite recuperalo ou darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou desde a conta de correo oficial do seu centro escolar a gestionim@edu.coruna.es ou chamando ao teléfono 981 90 23 27.

MOI IMPORTANTE: A aplicación informática emite un informe de sy inscrición. Comprobe se ten as prazas adxudicadas ou se atopa en lista de espera.

Aclaración de dúbidas: en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres de 9 a 14,30h.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión