Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2022

Última chamada para Coruña42, a 10K e o Mini Atlántica

Máis de 2.500 persoas inscribíronse ao Maratón Atlántica e as probas que a acompañan

Coruña42 lanza a súa última chamada. Este domingo, 25 de setembro, ás 23.59 horas, conclúe o prazo para apuntarse ao Maratón Atlántica, así que corre e inscríbete.

Xa son máis de 2.500 as persoas que participarán na volta de Coruña42 e nas probas que a acompañarán a próxima semana.

O período actual de inscrición é o extraordinario, con prezos de 50 euros para o Maratón Atlántica e de 15 euros para a 10K paralela.

O Mini Atlántica, deseñado para menores e limitado a 1.000 participantes, é gratuíto, como todas as carreiras populares para esa idade que organiza o Concello da Coruña.

A día de hoxe, venres, hai máis medio milleiro de persoas inscritas para Coruña42, 85 para o Campionato Galego desa distancia; ao redor de 1.300 apuntáronse á 10K e máis de 700, ao Mini Atlántica, das que 445 naceron a partir de 2015.

En canto a outros eventos relacionados con Coruña42, o mércores 28 concluirá o prazo para apuntarse ao Breakfast Run Solidario e á Pasta Party.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión