Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2025

Últimos días para visitar o Belén Municipal da Coruña, con Sito Sedes como protagonista

O día 5, véspera do día de Reis, só se abrirá pola mañá. E o día 6, xornada de peche, só pola tarde

A programación de Nadal continúa estes días na Coruña con grandes eventos como a Cabalgata de Reis que terá lugar o domingo, con saída desde o Barrio das Flores ás 18.00 horas.

En paralelo, tamén segue aberto o Belén Municipal exposto na sala de mostras do Palacio Municipal de María Pita. As persoas interesadas en visitar o Belén poderán facelo ata o vindeiro luns 6, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Cómpre lembrar, iso si, que o día 5, véspera do día de Reis, só se abrirá pola mañá. E o día 6, xornada de peche, só pola tarde.

A alcaldesa, Inés Rey, convidou a cidadanía a aproveitar estes últimos días do Nadal para coñecer polo miúdo o Belén e as súas figuras, entre as que destacan iconas históricas da cidade como Arsenio Iglesias e Isabel Zendal, ás que se sumou este ano Sito Sedes, referente da música e da verbena galega que faleceu o ano pasado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión