Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de abril de 2020

Un total de 444 coruñesas e coruñeses compiten desde mañá venres no I Torneo de eSports “Cidade da Coruña”

Dirixido a todas as persoas maiores de 16 anos e residentes no municipio, desenvolverase desde mañá 17 de abril en diferentes roldas eliminatorias Nesta primeira edición, organízase un campionato do videoxogo FIFA 20, (EA Games) desde a consola PlayStation 4

Continuando cos programas municipais #CoruñaQuedaNaCasa, #CorunaEnCasa, #EnLiña e #ActívomeNaCasa xurdidos pola crise do Covid, a Concellaría de Deportes do Concello da Coruña, en colaboración con Maritime Global Services, presenta o primeiro Torneo eSports Cidade da Coruña, que se desenvolverá a partir de mañá, venres 17 de abril. Este primeiro torneo está baseado no videoxogo FIFA 20, (EA Games), desde a consola PlayStation 4.

Recibíronse un total de 541 solicitudes de inscrición e, unha vez realizadas as comprobacións oportunas (logo de seren descartadas as duplicadas e as que incumprían o regulamento), serán finalmente 444 persoas participantes as que disputarán o torneo.

PARTIDA FINAL

A previsión é que a final do torneo se xogue na fin de semana do 1, 2 e 3 de maio e que sexa retransmitida vía streaming a través da web municipal e por outras canles que se anunciarán no seu momento. A persoa gañadora xogará contra quen gane o partido FIFA 20, o cal será disputado por futbolistas profesionais do R.C. Deportivo contra o R.C. Celta de Vigo e tamén será retransmitido por streaming desde o Concello.

PREMIOS 

A empresa Maritime Global Services colabora achegando as consolas PlayStation 5, xogos FIFA 21 e subscricións á Play Station Network que recibirán os 4 primeiros clasificados no mes de setembro, xunto cos xogos e que se sortearán entre o resto das/os participantes.

Esta nova iniciativa municipal busca facer máis levadío o confinamento propiciado pola pandemia do Covid-19 promovendo a interactuación entre a cidadanía coruñesa e dando, ademais, un primeiro paso desde o Concello no eido dos eSports.

Máis info: https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/esports-concello-da-coruna-fifa20 e a través das redes sociais da propia Concellaría.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión