Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de septiembre de 2022

A programación de actividades abrangue unha exhibición policial que terá lugar este sábado no Coliseum, aberta á cidadanía, así como un ciclo de conferencias divulgativas no Paraninfo da UDC, o vindeiro luns

Unha exposición na Marina abre desde hoxe os actos polo Día da Policía, que se celebra este ano na Coruña

A Coruña acolle desde este xoves, e ata o vindeiro mércores 28, os actos centrais pola celebración do Día da Policía, “o que amosa, unha vez máis, que a cidade está totalmente capacitada para acoller grandes citas”

A Coruña acolle, desde este xoves e ata o vindeiro mércores 28, os actos centrais polo Día da Policía, "un evento de trascendencia nacional que expón o peso da cidade no mapa do noso país", sinalou a alcaldesa, Inés Rey, que amosou o agradecemento do Goberno municipal ao Ministerio de Interior e á Dirección General da Policía Nacional por ter en conta "a nosa interese para que A Coruña fose, este ano, o fogar desta celebración".

Neste sentido, a rexedora tomou parte esta mañá no acto de presentación da mostra 'Medios y Museo de la Policía', disposta entre A Marina e o paseo do Parrote, e que abriu a programación de actividades polo Día da Policía, "unha programación que contribúe á posta en valor do traballo diario dos profesionais policiais, non só para brindarlles o recoñecemento que merecen, senón tamén para visibilizar un labor moi necesario", agregou Inés Rey.

Na apertura ao público da mostra, que permite contemplar, entre outras moitas cousas, unha colección de vehículos policiais históricos, así como un helicóptero e camións da Policía Científica, a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego; a Subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; e a Subdirectora Xeral do Gabinete Técnico e a Comisaria Principal da Policía Nacional, Eulalia González Peña.

O feito de que A Coruña fose a cidade escollida para a celebración dos actos centrais polo Día da Policía 2022 tamén foi posto en perspectiva pola alcaldesa, "porque a cidade amosa, unha vez máis, que está totalmente capacitada para acoller grandes citas como esta e a que terá lugar os días 5 e 6 de outubro, coa cume hispano-alemana na que estarán presentes o Presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, e o chanceler alemán, Olaf Scholz".

Exhibicións policiais e conferencias informativas

Esta mañá, durante a presentación da exposición, a alcaldesa tamén convidou á cidadanía a asistir aos actos polo Día da Policía que se celebrarán nos vindeiros días na cidade. Entre eles, a exhibición policial, con demostracións operativas de medios aéreos, guías caninos e TEDAX, entre outros, que terá lugar no Coliseum este sábado, desde as 11.00 horas e con acceso libre ata completar a capacidade prevista.

Tamén o sábado, e desde as 21.00 horas, a Coiraza do Orzán será o punto de partida da carreira nocturna 'Ruta 091, polos heroes do Orzán', en homenaxe aos policías nacionais Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, falecidos nas augas da praia do Orzán hai dez anos ao intentar salvar ao estudante eslovaco Tomas Velicky, que tamén perdeu a vida. A alcaldesa, Inés Rey, recordou que o pleno ordinario do Concello da Coruña do mes de marzo aprobou por unanimidade o outorgamento dos títulos de Fillo Predilecto da cidade a Javier López, natural da Coruña, e de Fillos Adoptivos da cidade a Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, "que deixaron unha lección inolvidable para todas e todos: sempre hai persoas que están dispostas a coidar da nosa sociedade".

Ademais, o luns 26, o Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC) acollerá un ciclo de conferencias divulgativas, en horario de mañá e tarde, que achegará ás persoas asistentes aos avances experimentados polo corpo policial na loita contra a ciberdelincuencia, así como as emerxencias a nivel autonómico en Galicia e tamén ás relacións diarias da Policía Nacional cos medios de comunicación.

A programación de actividades, que pode consultarse no anexo dispoñible a continuación, rematará o día 28 na praza de María Pita, co acto institucional central polo Día da Policía, no que a alcaldesa, Inés Rey, efectuará unha entrega de condecoracións, seguida dunha homenaxe aos policías falecidos en acto de servicio. O acto concluirá coas formacións estética e dinámica das unidades da Policía Nacional presentes na xornada.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión