Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2020

Urbanismo mellorará a accesibilidade na contorna do Kiosco Alfonso

Colocará unha rampla en substitución da que se instalou de maneira provisional cando se acometeron as obras do tritúnel. Ademais, a zona contará con máis aparcabicicletas e porase unha varanda de protección para evitar que a veciñanza cruce a avenida do Porto fóra do paso peonil.

O concello conta co visto bo por parte de Patrimonio para poder iniciar as obras en que eliminará unha rampla provisional que se instalou nas proximidades do Kiosco Alfonso cando se acometeu a actuación do tritúnel. Este elemento de morteiro e un valado de obra cravado substituirase por outro que mellorará a accesibilidade na contorna así como a estética ao ser acorde co sitio en que está, rodeado de dous edificios catalogados como son o Kiosco Alfonso e A Terraza e mais polos xardíns de Méndez Núñez.

Por outra parte, colocaranse novos aparcabicicletas para favorecer a mobilidade branda na cidade. A maiores, porase unha varanda de protección atendendo a unha petición que se formulou desde Seguridade Cidadá co fin de evitar que a veciñanza cruce de noite aos locais de ocio de Palexco fóra do paso peonil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión