Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2020

Villoslada defende no Eixo Atlántico a potenciación da liña de ferrocarril entre A Coruña e Lugo

O concelleiro de Mobilidade asistiu esta mañá a unha asemblea xeral do organismo en Matosinhos, en que se abordou a mellora desta conexión para lles dar saída ás mercadorías dos portos e vertebrar o norte e o interior da comunidade

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, participou esta mañá na asemblea xeral ordinaria organizada polo Eixo Atlántico en Matosinhos, á que asistiu a ministra portuguesa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa. Na dita asemblea abordáronse cuestións como o desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias para mellorar a comunicación da franxa atlántica e a captación de investimento e talento e a aposta dun turismo sustentable como estratexias fundamentais para posicionármonos no mapa europeo e, en concreto, no novo escenario de fondos europeos.

O edil defendeu xunto coas persoas responsables dos concellos de Lugo, Ferrol e Monforte a necesidade de potenciar a liña de ferrocarril tanto de pasaxeiras/os como de mercadorías que une A Coruña e Ferrol coa provincia luguesa "clave para lles dar saída ás mercadorías dos nosos portos de interese xeral, situados no arco atlántico, e vertebrar mellor todo o norte e interior da comunidade". A Coruña será escenario o 28 de febreiro da próxima reunión do Eixo Atlántico, en que se poñerá en marcha un grupo de traballo sobre mobilidade urbana sustentable. Ademais, as persoas representantes de Galicia e do norte de Portugal debateron a colaboración nas materias de cultura e deportes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión