Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2021

Xela Arias, Letras Galegas 2021

O vindeiro luns 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora Xela Arias

Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.

Para conmemorar este día, facemos unha breve escolma de actividades sobre a figura de Xela Arias:

Contádenos o voso Día das Letras

A Real Academia Galega mantén aberto ata o vindeiro 4 de xullo o prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado ao abeiro do proxecto Primavera das Letras. A convocatoria está dirixida a todos os centros escolares que impartan educación infantil e primaria, e ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.

Os participantes deberán compartir os seus traballos relacionados con Xela Arias, a escritora, editora e tradutora á que a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2021. Cada centro poderá presentar o proxecto ou os proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc. A  RAG sorteará varios lotes de libros entre os centros concursantes, que recibirán un diploma de participación.

Consulta aquí as bases do concurso con todos os detalles.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión