Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2023

As entradas xa están á venda a través da páxina web corentena.gal e na plataforma de Ataquilla

Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo protagonizan o espectáculo ‘Corentena’, que chegará ao Teatro Colón os días 8 e 9 de decembro

Os dous cómicos levan aos escenarios o formato que idearon no primeiro ano da crise sanitaria da Covid-19, cando crearon directos humorísticos a través de Instagram para animar o público durante o confinamento

Os días 8 e 9 de decembro, o Teatro Colón abrirá as súas portas a 'Corentena', un espectáculo protagonizado polos cómicos Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo, que levarán aos escenarios un formato humorístico que idearon durante o confinamento pola crise sanitaria da Covid-19, no ano 2020.

Entón, e cos directos da rede social Instagram como vía de conexión co público, Touriñán e Perdomo foron improvisando e creando historias que, agora, en 'Corentena', cobran vida sobre as táboas. Ambos os dous rescatarán varias das personaxes recorrentes naqueles directos, recreando de forma artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban. Unha vez máis, e ao igual que durante o confinamento, a interacción cos espectadores será fundamental, porque o público determinará, en parte, o que acontecerá durante o espectáculo.

O salto ás salas de 'Corentena' tivo lugar a pasada primavera. De inicio, con sesións de capacidade reducida para aproximadamente un cento de persoas. Xa no verán, e ao abeiro do festival Castelo Conta, Touriñán e Perdomo deron un salto gradual ao actuar para máis de 1.800 espectadores. E agora inician unha xira por toda Galicia que fará parada na Coruña a comezos de decembro.

As datas e horarios do espectáculo

O Teatro Colón acollerá o espectáculo 'Corentena' o venres 8 e o sábado 9 de decembro, con dúas funcións por xornada. Os horarios son os seguintes:

  • Venres 8 de decembro: 20.30 e 23.00 horas.
  • Sábado 9 de decembro: 20.00 e 22.30 horas.

As entradas para asistir a 'Corentena', cun custo que vai dos 12 aos 18 euros, xa están á venda desde este luns. Poden adquirirse a través da páxina web corentena.gal e tamén en Ataquilla.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión