Saúde
24 resultados
Coronavirus, Medio ambiente
O 17 de abr de 2021
A alcaldesa da Coruña e presidenta de Edar Bens SA, Inés Rey, subliñou a importancia dunha investigación pioneira en España, realizada por unha empresa pública, que é clave desde hai un ano para tomar decisións na loita contra a pandemia
Subvencións, Coronavirus
O 16 de abr de 2021
José Manuel Lage: “Estamos a traballar para obter máis recursos que sumarmos ao financiamento do plan”
Coronavirus, Protección civil, Policía
O 12 de mar de 2021
A alcaldesa visitou esta mañá o dispositivo habilitado polo Sergas e o Concello da Coruña en que se lle realiza un cribado masivo a máis de 153.000 persoas da cidade. O Concello presta “a máxima colaboración en todo o que precisen canto a loxística, operatividade ou en materia de seguridade”, sinalou a rexedora.
Subvencións, Coronavirus
O 4 de mar de 2021
A alcaldesa da Coruña asinou xunto aos seus homólogos de Santiago e Ferrol, Xosé Bugallo e Ángel Mato, e o presidente da institución provincial, González Formoso, o convenio polo que a Deputación reforzará o PRESCO con 1,2 millóns de euros
Coronavirus, Actividade municipal
O 1 de mar de 2021
Ante a situación epidemiolóxica que estamos a vivir e seguindo as recomendacións da ministra de Sanidade, a alcaldesa considera que existen outras alternativas para reivindicarmos os dereitos das mulleres que non sexan grandes concentracións nas rúas
Subvencións, Coronavirus
O 28 de feb de 2021
O voceiro municipal recordou que o anterior PRESCO foi o primeiro plan destas características aprobado en Galicia, do que se beneficiaron 4.351 persoas autónomas e micropemes
Saúde, Planeamento e plans urbanísticos
O 27 de feb de 2021
Levará esta semana a pleno o cambio de uso dunha parcela en Eirís co fin de que soporte parte das futuras instalacións e tal e como se comprometeu a alcaldesa, Inés Rey, co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, na firma do convenio o pasado 1 de febreiro
Coronavirus, Innovación, Investigación, I+D+i
O 27 de feb de 2021
A alcaldesa e presidenta de Edar Bens, Inés Rey, sinalou que grazas a este proxecto podémonos anticipar aos gromos dúas semanas antes que os datos clínicos e valorou como “un grande avance” este novo paso na investigación, denominado seqCovidBens, “grazas ao cal seguiremos máis de preto as mutacións do virus que proliferan nos últimos días”
Coronavirus, Facenda
O 25 de feb de 2021
José Manuel Lage Tuñas expuxo hoxe o borrador coas liñas xerais do plan municipal na Comisión de Facenda. Nas vindeiras dúas semanas os grupos presentarán as súas achegas e o compromiso do Goberno municipal é facer un PRESCO co maior consenso posible.
Coronavirus, Formación reglada
O 19 de feb de 2021
Os concelleiros Juan Ignacio Borrego e Jesús Celemín entregáronlle esta mañá 1.300 unidades á directiva do IES Eusebio da Guarda dentro dunha campaña coa que ambas as áreas pretenden reforzar a seguridade e contribuíren a unha maior concienciación da veciñanza
Coronavirus
O 15 de feb de 2021
A alcaldesa sinalou que “é máis necesario que nunca, debido a que agora, ademais de salvar vidas coas restricións, é vital que as axudas cheguen canto antes para que os negocios sobrevivan a estas restricións sanitarias”
Coronavirus, Información e sensibilización, Igualdade
O 12 de feb de 2021
A Concellería de Benestar Social priorizou dirixir 1,2 millóns de euros á Renda Social Municipal e 503.000 euros ás prestacións de emerxencia co fin de evitar a exclusión social
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible