Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Emprego
17 resultados
Emprendemento, Formación laboral, Emprego
O 18 de dec de 2020
O Salón de Plenos do Concello acolleu a vixésimo primeira edición dos Premios Emprende, organizados pola Asociación de Jóvenes Empresarios, que homenaxeou a Sandra Armas pola súa traxectoria de máis de 20 anos
Coronavirus, Emprego
O 17 de dec de 2020
O Concello emitiu ordes de pago de axudas directas a 1.499 persoas autónomas e pequenas empresas
Emprendemento
O 10 de dec de 2020
O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, entregou os galardóns convocados para celebrar o décimo aniversario do centro e cos que o Concello pretende reforzar o tecido empresarial da cidade
Emprendemento, PYME
O 5 de dec de 2020
A Asociación de Jóvenes Empresarias y Empresarios de la Provincia de A Coruña homenaxeará a Sandra Armas pola súa traxectoria de máis de 20 anos nunha celebración no salón de plenos, en que distinguirán as mellores ideas emprendedoras do ano
Formación laboral
O 15 de nov de 2020
O gran éxito desta iniciativa conlevou a que o Goberno local ampliase 400 prazas ás ofertadas inicialmente, e programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o ano 2021
Formación laboral, Emprego
O 13 de nov de 2020
Coincidindo co décimo aniversario do Centro Municipal de Empresas de Agrela o Concello de A Coruña quere premiar a novos proxectos empresariais facilitándolles o acceso a un espacio no que desenvolver a súa actividade e apoiando a súa consolidación a través do concurso "EXITO10".
Formación laboral, Emprego
O 11 de nov de 2020
Finalizou o prazo de inscrición para realizar formación en liña con máis de 50 accións formativas e 3.200 prazas gratuítas, dentro da iniciativa PRESCO.
Formación laboral, Emprego
O 8 de nov de 2020
Esta iniciativa municipal ten como obxectivo axudar as persoas propietarias de negocios a sacarlles máis partido aos seus locais a través dun sistema de consultoría especializada que se realiza no propio punto de venda
Formación laboral
O 8 de nov de 2020
Até 64 empregadas/os do sector recibirán este mes de forma gratuíta o curso de mantemento da competencia do certificado de suficiencia de formación básica en seguridade, co que poderán seguir desenvolvendo as súas tarefas.
Emprego
O 6 de nov de 2020
Ambas as administracións abren unha nova liña que se suma aos máis de 13,2 millóns de euros que o Goberno local destina ás persoas autónomas e ás pemes a través do PRESCO. Tanto a alcaldesa como o presidente do organismo provincial reclamáronlle á Xunta unha maior coordinación entre as administración para que axudas poidan chegar canto antes ás persoas que máis as precisan.
Emprego
O 2 de nov de 2020
Inés Rey: “O Goberno municipal decidiu tomar medidas de xeito inmediato para axudar a autónomos/as e micropemes a aliviaren unha situación que para moitas/os se está convertendo en insostible” e sinalou que “non hai ningunha administración que puxese en marcha plans económicos de reactivación tan ambiciosos, o Concello está a ir moito máis alá das súas competencias coas axudas do PRESCO”. Ante a evolución da pandemia, o Goberno estuda aportar ao plan de rescate ata dous millóns de euros máis. Cada autónomo e microepeme percibirá unha media 2.000 euros.
Emprego
O 29 de out de 2020
Máis de 25.000 persoas usuarias descargaron xa bonos do Plan de reactivación, que se poderán empregar até o 31 de decembro
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible