Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Sector público
25 resultados
Actividade municipal, Pleno
O 27 de xan de 2021
José Manuel Lage destacou a capacidade de liderado e diálogo de Inés Rey para acadar un acordo que mellora a proposta inicial e que pon “os intereses dos cidadáns por riba de calquera interese partidista”
Actividade municipal, Junta
O 27 de xan de 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou as modificacións nas ordenanzas número 5 e 7 que regulan as taxas pola subministración de auga e polo servizo da rede de sumidoiros que permitirán rebaixar nun 50% o prezo que deban aboar as persoas autónomas e pequenas empresas que vexan limitada a súa actividade pola COVID-19
Urbanismo e infraestruturas, Pleno
O 25 de xan de 2021
A alcaldesa, Inés Rey: “Acordei co presidente da Xunta que desbloqueariamos este acordo no mes de xaneiro e, polo tanto, nós cumprimos con ese compromiso”
Actividade municipal, Junta
O 21 de xan de 2021
José Manuel Lage Tuñas: “Os fondos previstos no PRESCO xa están esgotados, mais temos o compromiso de non deixar a ninguén fóra, pagándolles axudas a todas as persoas solicitantes que cumpran os requisitos”.
Función pública
O 19 de xan de 2021
A Dirección Xeral de Patrimonio do Estado comprometeuse a abrir o exterior do pazo este mes e a facer accesible o seu interior para visitas a partir do 15 de marzo, unha vez que acondicione o espazo
Coronavirus, Actividade municipal
O 15 de xan de 2021
A alcaldesa: “Se algo aprendemos desta batalla é que a saúde e a sanidade pública teñen que ser unha prioridade” Presidiu no salón de plenos a entrega de medalla de ouro da batalla de Elviña que outorga cada ano a Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets
Actividade municipal, Pleno
O 14 de xan de 2021
Lage informou de que o Goberno local leva aprobadas a día de hoxe 2.464 axudas, o que supón un importe de 5.394.873 euros, e que foron transferidas xa 1.946 solicitudes, un 79% do total. O voceiro do Goberno Local anunciou que o contrato para o servizo de bibliotecas municipais vaise licitar este mes por un prazo de dous anos máis outro prorrogable e un importe de 2,6 millóns de euros.
Actividade municipal, Junta
O 12 de xan de 2021
A Xunta de Goberno Local deulle luz verde na sesión de hoxe ao estudo de detalle para construír unha residencia de maiores promovida pola Xunta e financiada pola Fundación Amancio Ortega
Comisiones, Igualdade
O 9 de xan de 2021
A iniciativa será levada na súa categoría de ouro á Comisión de Honras e Distincións que terá lugar este luns
Actividade municipal
O 29 de dec de 2020
A alcaldesa lembrou, no balance deste ano, que A Coruña foi a primeira cidade galega en aprobar un Plan de reactivación económica pola crise da pandemia e a primeira Administración en pagarlles axudas a persoas autónomas e á hostalaría
Actividade municipal
O 29 de dec de 2020
A alcaldesa agradeceulles o seu “compromiso co servizo público” nun ano que “veu certificar de novo como as persoas que traballades no Concello da Coruña sodes quen de responderdes nas condicións máis difíciles á demanda cidadá de servizos públicos”
Actividade municipal, Junta
O 16 de dec de 2020
Tamén lle deu luz verde á segunda ampliación dos bonos PRESCO, co fin de impulsar a campaña do Nadal no pequeno comercio
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible