26 de agosto de 2020
Desde a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, lembran que é importante que as persoas que precisen atención social a soliciten polas vías oficiais do concello: a través do 010 ou dos equipos de atención social. Desde o inicio do estado de alarma, o concello realizou máis de 30.000 atencións sociais
Na actualidade, e por circunstancias derivadas desta segunda onda de contaxios da COVID-19, o Concello da Coruña, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, atende directamente 106 familias que deben permanecer en confinamento domiciliario e que carecen de rede e de recursos. Estas atencións afectan a 280 persoas, entre as que se inclúen menores, que resultan prioritarios/as á hora da atención social.
Desde a concellería lembran que é importante "que as persoas que precisen atención social a soliciten polas vías oficiais do concello": a través do 010 ou dos equipos de atención social.
A concelleira Yoya Neira asegura que "desde o comezo da crise sanitaria estivemos e estamos respondendo constantemente ás emerxencias sociais cunha atención directa e estreita entre a veciñanza e a Administración local", xa que "o concello ten a forza suficiente para non deixar a ninguén atrás", dixo.
Desde o inicio do estado de alarma, o concello realizou máis de 30.000 atencións sociais. Estas solicitudes dos veciños e veciñas da Coruña foron de diferente natureza e por iso se atenderon sempre de forma personalizada e redirixindo a súa xestión cara ao recurso óptimo.
O concello destinou 1.100.000 euros a programas de axuda sociais durante o estado de alarma. O orzamento dedicado a axudas de Emerxencia Social e á Renda Social, despois do modificativo do PRESCO, viuse reforzado en 750.000 euros. Esta partida xa se aumentara nos orzamentos municipais de 2020 respecto aos do ano anterior. Pola súa banda, os convenios con entidades que traballan no campo da exclusión social tamén recibiron un incremento de 550.000 €.
Durante o estado de alarma puxéronse en marcha e reforzáronse outros servizos municipais:
14 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
El 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible