15 de outubro de 2020
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, asistiu esta mañá no frontón da Torre á presentación do evento deportivo que se realiza por segunda vez na Coruña
A Coruña acollerá esta fin de semana un evento deportivo que reunirá as e os mellores pelotaris a nivel nacional. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, acompañada de Roberto García, delegado provincial de Deportes da Xunta, de Julián García, presidente da Federación Española de Pelota, e de José Ignacio García, presidente da Federación Galega de Pelota, asistiu esta mañá no frontón da Cidade Deportiva da Torre á presentación da 81.ª Copa de S.M. o Rei de Pelota que se realizará desde mañá até o domingo nas instalacións municipais. Un acontecemento deportivo, sinalou a concelleira, que lles permitirá ás coruñesas e aos coruñeses gozar do xogo da man de grandes profesionais da pelota.
Martínez lembrou que as e os pelotaris terán a oportunidade de estrear un frontón totalmente remodelado e que será a principal instalación para practicar este deporte na cidade, "xa que xubilamos o frontón de Riazor que dá paso a un polideportivo de múltiples usos". Os traballos de remodelación do frontón da Torre forman parte das actuacións que está levando a cabo o concello para poñer a punto a Cidade Deportiva, emblema das políticas deportivas desenvoltas na Coruña. Estas melloras, explicou a concelleira, incluirán nos próximos meses a licitación dun campo para practicar o rugby.
A concelleira subliñou a traxectoria e o labor que tanto o Club de Pelota La Coruña como a Federación Galega realizan na promoción desta disciplina, e de maneira especial no deporte feminino e animou a veciñanza a gozar dun deporte con gran tradición na cidade desde que en 1944 se inaugurou o frontón de Riazor, ao que seguiu o frontón curto da Torre que abriu as súas portas en 1989.
Doutra banda, o presidente da Federación Galega de Pelota destacou tamén o papel do Club Pelota Coruña que cualificou como "o gardián da pelota na cidade" e anunciou a intención da federación de promover a pelota na cidade, "sacar a pelota ás rúas".
Converter A Coruña nunha cidade pioneira na ensinanza desta disciplina é outra das prioridades que se marcan na Federación Española de Pelota, a quen a pandemia obrigou a atrasar proxectos que xa están encamiñados. A súa intención, tal e como explicou o seu presidente, Julián García, é levar este deporte ás aulas de secundaria e poñer en marcha un encontro para traer á Coruña as e aos mellores deportistas de pelota vasca.
Para máis información: https://fepelota.com/
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible