Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xullo de 2020

A alcaldesa da Coruña esíxelles á Xunta e ao Goberno central que acorden sen demora o dragado da Ría do Burgo

Inés Rey asegura que se poñen en perigo os fondos europeos destinados para o dragado algo que non poden “permitir que suceda as entidades competentes no dragado”.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe xunto ao edil de infraestruturas, Juan Diaz Villoslada, e a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, nunha reunión telemática coa Xunta de Galicia e co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para abordar o proxecto "Dragado Ambiental de los sedimentos de la Ría de O Burgo (A Coruña)".

A alcaldesa esixe a licitación inmediata e a execución desta obra que cualificou  de esencial para recuperar o estuario pola súa riqueza medioambiental e por  suposto como espazo para recuperar a actividade marisqueira.

Critica que durante a cita se puxo en evidencia a  diferenza de  opinións entre as  administracións autonómica e central respecto a certificación da plena  dispoñibilidade dos  terreos  incluídos non  seu ámbito de actuación.

"Non poden pasar tres anos da declaración de impacto ambiental e que agora discutan por unha certificación de terreos que pode poñer en risco unha actuación fundamental para o medio ambiente e para o sector marisqueiro",  apuntou a máxima responsable da  cidade.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión