24 de xullo de 2020
Inés Rey asegura que se poñen en perigo os fondos europeos destinados para o dragado algo que non poden “permitir que suceda as entidades competentes no dragado”.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe xunto ao edil de infraestruturas, Juan Diaz Villoslada, e a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, nunha reunión telemática coa Xunta de Galicia e co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para abordar o proxecto "Dragado Ambiental de los sedimentos de la Ría de O Burgo (A Coruña)".
A alcaldesa esixe a licitación inmediata e a execución desta obra que cualificou de esencial para recuperar o estuario pola súa riqueza medioambiental e por suposto como espazo para recuperar a actividade marisqueira.
Critica que durante a cita se puxo en evidencia a diferenza de opinións entre as administracións autonómica e central respecto a certificación da plena dispoñibilidade dos terreos incluídos non seu ámbito de actuación.
"Non poden pasar tres anos da declaración de impacto ambiental e que agora discutan por unha certificación de terreos que pode poñer en risco unha actuación fundamental para o medio ambiente e para o sector marisqueiro", apuntou a máxima responsable da cidade.
Deportes
10 resultados
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
O 6 de feb de 2024
O campo quedará terminado esta semana e desde o sábado poderanse xogar alí os primeiros partidos
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible