Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de setembro de 2020

A Concellería de Deportes tramitou en 14 meses máis de 5 millóns de euros en actuacións para mellorar as infraestruturas deportivas

O primeiro tenente de Alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta mañá nas oficinas do Pavillón Municipal de Deportes de Riazor a Mónica Martínez, concelleira do Grupo Mixto e nova responsable da área de Deportes do Concello co fin de proceder ao traspaso de competencias

O primeiro tenente de Alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta mañá nas oficinas do Pavillón Municipal de Deportes de Riazor a Mónica Martínez, concelleira do Grupo Mixto e nova responsable da área de Deportes do Concello co fin de proceder ao traspaso de competencias. Juan Ignacio Borrego presentou ao persoal adscrito á concellería e fixo unha análise de todas aquelas actuacións iniciadas e o estado administrativo en que actualmente se atopan.

Nos 14 meses que Juan I. Borrego foi concelleiro de deportes da Coruña moitas das obras, convenios, subvencións e proxectos paralizados por corporacións anteriores foron reactivados coas aportacións recollidas das máis de 800 reunións que Borrego mantivo con todos os sectores vencellados ao deporte coruñés nas distintas modalidades, categorías e sistemas federativos.

Canto aos convenios deportivos, no ano 2019 o importe global foi de 974.500 euros. O número de convenios asinados foi de 44 dos que 42 xa foron abonados e os outros dous están agardando pola incorporación de remanente. Todos os convenios agás un están debidamente xustificados e o que falta deberá presentar dita documentación para poder percibir o importe do mesmo. Neste complexo ano 2020 e coa finalidade de axudar ás economías das entidades nestes tempos de COVID-19 decidiuse recorrer ao pago anticipado de cantos convenios fose posible. O importe global foi de 964.500 euros. O número de pagos anticipados tramitados foi de 31 dos que 22 xa están abonados. Hai tres pendentes de firma e dous pendentes de inicio por irregularidades na solicitude que ditas entidades están cominadas a resolver. Hai tamén 8 entidades susceptibles de convenio que aínda non presentaron a correspondente solicitude.

Por outra banda, canto ás subvencións para o fomento do deporte en entidades deportivas, no ano 2019 o importe total dedicado a estas subvencións foi de 120.000 euros, e foron 129 o número de solicitudes recibidas das que se concederon 101. No ano 2020 o importe total dedicado a estas subvencións foi de 280.000 euros (un 233,33% de incremento), e foron 110 o número de solicitudes recibidas. O vindeiro luns 7 de setembro remata o prazo de corrección de deficiencias nas solicitudes recibidas para proceder á firma e posterior abono das mesmas.

Borrego lembra que puxo en marcha por primeira vez as bolsas para deportistas individuais, xa que nunca se tiñan convocado con anterioridade coa inxustiza e discriminación que viña supoñendo para os deportistas a título individual. Neste 2020, primeiro ano de convocatoria destináronse 60.000 euros a estas bolsas para as que recibiron un total de 68 solicitudes. Actualmente estase en prazo de corrección de erros nalgunhas das solicitudes recibidas, prazo que remata o vindeiro xoves 10 de setembro o que nos fai ser optimistas de cara a unha pronta resolución e abono destas máis que merecidas bolsas. O compromiso é incrementar todas estas axudas, nas distintas modalidades, segundo as posibilidades de cada exercicio.

Borrego quere destacar que resolveu o conflito laboral do persoal das escolas deportivas municipais herdado de anteriores corporacións, co persoal das escolas deportivas municipais; o coñecido como "caso Amartya". Na actualidade estase á espera de posibles licitadores a dito contrato.

Tamén se puxo en marcha o Consello Municipal de Deportes, unha promesa electoral, xunto coa constitución do COMDAC, na que levamos traballando meses con reunións diversas. "Deixámolo tan avanzado que, sendo moderadamente optimistas, debería estar constituído moito antes de que se prenda a iluminación do Nadal".

O primeiro tenente de Alcaldesa asegura estar especialmente satisfeito do "Proxecto Escoita", destinado a persoas con visibilidade reducida. Este proxecto posibilita que persoas invidentes poidan desfrutar dos eventos deportivos mediante un sistema de narración adaptado ás súas características.

No que respecta ao período da pandemia da COVID-19, Borrego sinala que puxo "cantos recursos estiveron nas nosas mans para axudarmos dende distintos ángulos posibles: poñendo pavillóns e recintos a disposición das autoridades sociais e sanitarias, hixienizando os mesmos, teletraballando e espremendo os miolos na procura de alternativas saudables para esas semanas de confinamento na casa". De feito puxo en marcha programas como #actívatenacasa, programa de activación  física composto por 42 vídeos de exercicios para todas as idades realizados polas monitoras e monitores das EDM e subidos á web e ás redes do Concello que acadou 150.000 visitas con 35.000 persoas usuarias únicas. A este programa seguiulle  #activatenarua, unha serie de recomendacións útiles para todas aquelas persoas que retomaron a actividade deportiva nas rúas. Estas recomendacións tiñan como obxectivo a prevención de todo tipo de lesións. Non menos interesante foi o "I TORNEO eSports CIDADE DA CORUÑA" celebrado entre finais de abril e primeiros de maio en que participaron máis de 500 "e-gamers" coruñesas/es e/ou residentes na cidade.

A COVID-19 fixo imposible levar a bo porto moitas competicións en que técnicas/os, persoal directivo e o propio concelleiro levaban meses traballando. Desde as Copas do Rei e da Raíña de Hockey a patíns, ás distintas carreiras populares ou o mesmo Trofeo Teresa Herrera de fútbol que este ano celebraría os 75 anos de idade, efeméride da que se está a editar un libro conmemorativo que moi pronto será presentado.

Lembra o apoio aos clubs e deportistas ao longo destes 14 meses do concelleiro de Deportes. O concelleiro estivo cada fin de semana nas distintas pistas polideportivas apoiando os equipos coruñeses naquelas competicións nas que participaban e mesmo acompañándoos nas viaxes fóra da cidade para pór de manifesto o apoio institucional e mais a solidariedade con todo o deporte coruñés.

Así mesmo, o concelleiro lembra o traballo levado a cabo para actualizar nalgúns casos, e poñer en funcionamento noutros distintos contratos indispensables para o bo funcionamento das distintas actividades que dependen da Concellería de Deportes. De xeito que están en vigor, moitos con posibilidades de prórroga, contratos de distintos tipos de subministros (gasóleo, produtos químicos para piscinas, fotografía, traslados de material...) a outros como as conserxerías, limpeza, vixilancia, mantemento de instalacións deportivas, etc... e o xa mencionado do persoal das escolas deportivas, por un importe total de 3.822.566,70 euros.

Canto aos investimentos, tramitou máis de 5.000.000 de euros en actuacións  adxudicadas ou pendentes de actos administrativos doutros departamentos un total de 16 obras: A reforma de vestiarios no polideportivo de Labañou, a marquesiña dos campos de fútbol Visma, a rehabilitación dos campos de fútbol da Torre, a reforma da cuberta da piscina de Riazor, a reforma das filtracións da piscina de Santo Amaro, vestiarios, campo de fútbol de herba artificial de Eirís, a reforma da instalación de produción de ACS no polideportivo San Francisco Xabier, obras de conservación e mellora da instalación de fontanería e ACS no CF Víctor Fernández Alonso, a reparación do anel de ACS do Pazo dos Deportes de Riazor, a remodelación da cuberta ríxida sur no Pazo dos Deportes de Riazor, a conservación e mantemento de cuberta na zona de vestiarios da Torre, a renovación da instalación eléctrica do Pazo dos Deportes de Riazor, a rehabilitación da pista polideportiva Mazaido, a ampliación do rocódromo no frontón de Riazor, e a climatización da sala de esgrima da Casa da Agua e o subministro e as cortinas divisorias do frontón.

Por outra banda, están xa tramitados varios expedientes para a súa correspondente licitación como son a reforma do proxecto de depuración da piscina de Riazor, a reparación do ximnasio do Barrio das Flores, o cambio de localización das torretas de iluminación, o informe de viabilidade dun local de hostalaría na Torre, a iluminación de viarios e a reordenación da iluminación nos campos da Torre, o informe de inspección das deficiencias no centro deportivo San Diego, no polideportivo dos Rosais e na Fábrica de Armas, o encargo de proxecto para evitar humidades no frontón de Riazor, a compra de liñas de vida en instalacións deportivas, a sobrecuberta do frontón de Riazor, a mellora da iluminación da pista de chave de Eirís, a reforma de portas no polideportivo de Riazor, o peche perimetral, vestiarios e a bancada de Mazaido (Bens), o informe sobre o estado das instalacións no centro deportivo de San Diego e a ampliación da instalación de ACS en Riazor.

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión