Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2021

A Concellería de Economía recolle as propostas do sector da hostalaría e do comercio de cara á elaboración do PRESCO 2021

Lage Tuñas defende a necesidade dun plan de rescate á hostalaría por parte da Xunta Na reunión estiveron presentes as e os responsables das principais asociacións dos sectores afectados e as e os voceiros de todos os grupos municipais Coinciden en demandaren o mantemento das axudas económicas e valoran positivamente o funcionamento dos Bonos PRESCO no comercio

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, convocou esta mañá ao sector da hostalaría e do comercio para escoitar as súas propostas e demandas de cara á elaboración do novo Plan de Reactivación Económica e Social, PRESCO 2021.

Na reunión, en que tamén estiveron presentes as e os voceiros de todos os grupos municipais, as persoas representantes dos sectores máis afectados pola crise económica derivada da COVID, isto é, do comercio e a hostalaría, fixeron balance sobre o funcionamento das diferentes liñas do PRESCO e puxeron de manifesto as liñas de actuación que, na súa opinión, debería conter o novo plan.

O sector hostaleiro representado na reunión por Héctor Cañete, da Asociación Provincial de Hostalería, e por Xabier Barral, da Plataforma Shostalería, demandou o mantemento das axudas económicas para o pago da cota de autónomos, da seguridade social e dos alugueiros solicitando unha maior axilidade na súa tramitación.

Pola súa banda, o sector comercial, que tamén valorou positivamente a renovación das axudas económicas directas, puxo en valor o bo funcionamento dos bonos PRESCO solicitando a súa continuidade en 2021. Jose Luis Boado, da FUCC, e Miguel Agromayor, da Federación Provincial de Comercio, puxeron en valor uns bonos que conseguiron mobilizar en cinco meses as vendas no pequeno comercio da cidade por valor de 3.599.544 euros a pesar das restricións á hostalaría.

O concelleiro de Economía, José Manuel Lage, manifestou a vontade da alcaldesa, Inés Rey, de seguir estando preto dos sectores que máis están sufrindo a crise e de continuar reclamando á Xunta de Galicia a posta en marcha de medidas extraordinarias para o sector hostaleiro por ser a administración competente nesta materia. Reiterou a vontade de seguir mantendo a máxima colaboración do Concello co SERGAS na aplicación das medidas que se estimen oportunas, pero reiterou a necesidade de que se poña en marcha un Plan de Rescate á Hostalaría.

Lage amosou tamén a disposición do Goberno local de manter unha canle de comunicación aberta con estes sectores para recoller as súas propostas e animoulles a que enviaran as súas ideas concretas ao longo deste mes para poder telas en conta na elaboración do novo PRESCO.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión