12 de maio de 2020
A través do programa Coruña Suma, a concellería contactou con 86 empresas de sectores estratéxicos que continuaron funcionando logo de se declarar o estado de alarma, para as informar da continuidade das actividades do servizo
A Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, a través do seu programa Coruña Suma, atendeu durante o confinamento 825 solicitudes de persoas que precisaban información laboral. O persoal de Coruña Suma ofrécelles información xeral do servizo, recursos para a procura activa de emprego adaptados á situación actual (CV, entrevistas de selección en liña, portais dixitais de emprego etc.) e ofertas de emprego publicadas na web municipal.
A concelleira Eva Acón asegura que "a concellería seguiu prestándolle asistencia á cidadanía nun momento difícil, sen escatimar en medios nin esforzos, con implicación absoluta de todo o persoal, e traballando nun plan de choque para intentar mitigar os efectos da crise sanitaria, social e laboral".
Desde que comezou a crise sanitaria, desde Emprego tamén contactaron con 86 empresas da cidade para as informar da continuidade das actividades de Coruña Suma neste período, que se desenvolven por vía telemática, en particular a bolsa de emprego e o servizo de intermediación laboral. As empresas contactadas pertencen a sectores estratéxicos que continuaron funcionando logo de se declarar o estado de alarma.
"Preocúpannos moito os colectivos máis vulnerables, que adoitan ser os máis prexudicados nas crises de toda índole, aqueles que por carecer de emprego poidan acabar na marxinalidade", explica Acón, quen tamén informa de que a concellería "está a reorientar a formación cara aos sectores en que neste momento, pola situación actual, detectamos oportunidades de emprego".
O obxectivo do programa Coruña Suma é promover a mellora da ocupabilidade das persoas mediante a súa capacitación profesional en sectores con máis posibilidades de xerar emprego, para promover a súa incorporación ao mercado laboral, dunha maneira sustentable e duradeira no tempo. Coruña Suma asiste a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con dificultades especiais de acceso ao mercado laboral.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible