Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de marzo de 2021

A Coruña acollerá durante tres anos máis a alta competición de traiñeiras

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente da ACT, Borja Rodrigo, asinaron o acordo que permitirá que a cidade sexa escenario da Eusko Label Liga e a Euskotren

A Coruña seguirá sendo o escenario da Eusko Label Liga e a Euskotren durante tres tempadas máis, tras o acordo asinado estes días entre o Concello e a Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT). Deste xeito, a cidade será testemuña da loita pola Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren, que se disputarán este ano e mais en 2022 e 2023 nas augas coruñesas. Esta dobre cita, que xa se leva desenvolvendo na Coruña desde hai catro anos, é todo un referente da cornixa cantábrica no remo de banco fixo. A renovación que selaron o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente da ACT, Borja Rodrigo, supón un grande impacto para a cidade xa que "acollermos unha competición tradicional do máximo nivel na nosa terra é fantástico, engadido ao retorno directo que para o turismo da cidade tivo nos últimos anos", asegurou Borrego. O edil sinalou a intención do Goberno de Inés Rey de seguir apostando por esta proba de altísima calidade e por un deporte que gusta na Coruña e que atrae a visitantes non só da cidade. Pola súa parte, Rodrigo destacou que a importancia deste compromiso do Concello está na estabilidade e prestixio que lle dá á competición o feito de se desenvolver na baía coruñesa: "Un acordo así coa Coruña fainos moita ilusión".

Así, os próximos 3 e 4 de xullo, a praia de Riazor volverá reencontrarse coas traiñeiras nunha nova tempada da Eusko Label Liga masculina e a Euskotren Liga feminina. Serán dous días para decidir as tripulacións que ondearán a Bandeira Cidade da Coruña, a primeira bandeira do calendario. Ambas as xornadas serán televisadas de forma íntegra por EiTB e pola TVG e tamén se poderán seguir a través de eitb.eus.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión