Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2020

A Coruña “respira cultura” grazas a unha iniciativa dixital pioneira na cidade

A alcaldesa presentou o programa municipal Respira Cultura, cun investimento superior aos 100.000 euros, que se poderá desfrutar ata o vindeiro 12 de outubro a través da web http://respiracultura.gal/ e que contará con actuacións en directo de música, teatro, danza, circo, bailes tradicionais...

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, xunto co director do Coliséum, Javier Rodríguez, o artista César de Centi e representantes da coral polifónica Follas Novas, da agrupación cultural Son D'Aquí, de Artestudio e de Katarsis Teatro, presentaron esta mañá no pazo municipal o proxecto Respira Cultura. Unha iniciativa que, cun investimento municipal superior aos 100.000 euros, pretende dar "aire e vida" para "manter esperto" o tecido cultural, sobre todo o de creación local.

O Goberno de Inés Rey investiu máis dun millón de euros no sector cultural en tres meses. A alcaldesa sinalou que "unha das máximas preocupacións e prioridades deste Goberno é a recuperación do sector cultural, un dos máis prexudicados polos efectos da pandemia" e, asegurou, que "as axudas deste concello tradúcense en feitos e investimentos" como o PRESCO dedicado á cultura, cun orzamento de máis de 900.000 euros, que engloba as actividades culturais nas rúas da cidade, as bolsas de creación artística ou o bono de cultura.

A Concellería de Cultura, a través do IMCE, abre unha nova ventá á emoción, á ilusión, ás artes vivas e á música ao vivo, cunha programación dixital de actividades culturais aberta, accesible, apta para todos os públicos e que nos quere convidar, de novo, a sentir e respirar a cultura ao vivo. Un escenario que deslocaliza, globaliza e pon en valor a creatividade e o talento local. Durante algo máis de dúas semanas, o Fórum Metropolitano, o Centro Ágora e o Pazo da Ópera convertéronse en estudos de televisión onde se gravaron un total de 47 proxectos (20 de entidades de arraigo e 27 da convocatoria de dinamización cultural) e 54 actuacións. Todas elas poderanse desfrutar en directo desde hoxe e até o 4 de outubro, con 4 ou 5 estreas diarias e 27 espectáculos semanais, que terán vixencia nesta plataforma dixital até o 12 de outubro.

Rey explicou que apostan "por novas vías de difusión, novos espazos de encontro cultural" xa que "son máis de 75 as entidades no tecido cultural da cidade" e "chegou o momento de respirar cultura na Coruña". Pola súa banda, Javier Rodríguez, fíxolles unha demostración aos medios do funcionamento da páxina web deste proxecto, http://respiracultura.gal/, e a través da que se poderán visualizar as actuacións, e convidou a toda a veciñanza a desfrutar da cultura a través da canle dixital para amosar "o compromiso cidadán co sector cultural".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión