1 de abril de 2020
A veciñanza poderá subir as instantáneas a través do Instagram do festival e as mellores formarán parte dunha mostra colectiva en xuño, situada nun lugar emblemático
O Concello da Coruña súmase á convocatoria do Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuais PhotoESPAÑA, a través da cal a veciñanza poderá explorar a súa creatividade e plasmala en instantáneas sacadas desde as fiestras. O resultado de #PHEdesdemibalcón exporase no mes de xuño nunha mostra que se situará nunha praza ou nun lugar emblemático da cidade e tamén nas súas balconadas. Deste xeito, o festival quere homenaxear as persoas que tan grande esforzo están realizando estes días por quedaren na casa. Estes elementos mediante os que as e os coruñeses se asoman ao exterior para aplaudiren e conectárense co de fóra servirán, unha vez que pase o confinamento, de soporte para albergar a selección de imaxes sacadas desde o interior.
A exposición poderase desfrutar durante o verán e desde a rúa. Para participar, unicamente haberá que subir as fotografías a través de Instagram cos hashtags #PHEdesdemibalcón e #PHE20. A páxina web do evento acollerá unha galería virtual coas mellores pezas gráficas presentadas.
Ademais da Coruña, xa están tamén inscritos os concellos de Madrid, Alcalá de Henares, Alcobendas, Segovia, Salamanca, Valladolid, Santander, Badaxoz e Sevilla, aos que se irán sumando máis de cara a facer máis levadía esta corentena. Nestes momentos en que o compromiso individual é decisivo, PHotoESPAÑA lanza un dobre chamamento. Por un lado, a todas/os aqueles que desde as súas fiestras e balconadas observan o seu día a día, para animalos a construíren un relato fotográfico co que expresaren a súa creatividade e atoparen nel novas formas de comunicarse. E, por outro, queren convidar a que os consistorios do Estado convertan os espazos emblemáticos das súas urbes nun gran lenzo en que amosaren as imaxes das persoas que viven neles.
Trátase de lle dar unha oportunidade á veciñanza para que comparta colectivamente e a pé de rúa todas as miradas individuais.
Estas exposicións marcarán o inicio da vixésimo terceira edición de PHotoESPAÑA 2020, que se desenvolverá na tempada estival até finais de setembro. A convocatoria estará aberta até o 17 de maio e cada día, a organización subirá novas composicións á súa web.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible