Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2020

A Coruña, unha cidade que camiña

Juan Villoslada informará mañá a Comisión de Mobilidade e Infraestruturas sobre os plans do concello para adherirse á Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación sen ánimo de lucro e aberta a concellos e outras administracións públicas comprometidas coa mobilidade peonil

A Comisión de Mobilidade e Infraestruturas reúnese mañá co fin de que o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, informe o comité sobre os plans do concello para adherirse á Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación sen ánimo de lucro, aberta a concellos e outras administracións públicas comprometidas coa mobilidade peonil, cuxo obxectivo principal é que as e os viandantes sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público.

Nesta reunión, Villoslada informará sobre a adhesión a todos os fundamentos polos que se rexe a Rede de Cidades que Camiñan, un decálogo de principios propios e de dereitos recollidos na Carta dos dereitos do peón, adoptada polo Parlamento Europeo en outubro de 1988, e pola Carta internacional do camiñar, deseñada por especialistas de todo o mundo.

Esta adhesión supón asumir como propios os principios e dereitos recollidos nestes tres documentos, segundo os cales camiñar debe ser o máximo expoñente do sistema da mobilidade urbana por ser condición indispensable para posibilitar cidades amables, saudables, sostibles, equitativas, inclusivas e atractivas, con maior cohesión social e igualdade de oportunidades no uso e desfrute do espazo público.

Os principios propios da Rede son: a mobilidade de base peonil, o dereito ao espazo público, a planificación urbanística camiñable, o deseño urbano camiñable, a seguridade viaria cun enfoque peonil, a alianza sostible, a visión global, a cidade inclusiva, a autonomía infantil e o medio ambiente urbano saudable. Nota de Prensa A adhesión da Coruña á Rede de Cidades que Camiñan supón a adaptación da nosa mobilidade a estes dez principios.

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade lembra que se está a traballar neste tipo de medidas desde o comezo da lexislatura e, polo de agora, xa se aprobou o Plan de mobilidade "Coruña Camiña", a iniciativa de "Cidade 30", a regulación dos VMP e os primeiros tramos da rolda peonil xa están en activo desde hai semanas.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión