Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2021

A EDAR Bens impulsa a investigación para xerar hidróxeno verde a partir das augas residuais

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, participou hoxe na presentación da segunda fase do proxecto Unidade Mixta de Gas Renovable posta en marcha na EDAR Bens SA para obter materias renovables e traballar cara a unha transición enerxética

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asistiu esta mañá á presentación da segunda fase do proxecto Unidade Mixta de Gas Renovable, financiado Pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e desenvolto por Naturgy, o Centro Tecnolóxico EnergyLab e a EDAR Bens, que investigará a produción de hidróxeno verde co fin de dar un paso máis na descarbonización do sector do gas e de sectores adxacentes ao permitir producir enerxía limpa a partir das augas residuais.

Fontán destacou que esta iniciativa lle permite á planta e á cidade ser pioneira no campo da utilización de enerxías renovables. "O Goberno de Inés Rey está disposto unha vez máis a ser pioneiro, como xa o fixemos no seu día, con esta estación e co aproveitamento enerxético de Bens, con EMALCSA e por suposto coa planta de tratamento de residuos sólidos de Nostián. Porque apostar polas enerxías alternativas é apostar por un futuro sostible e limpo para as próximas xeracións e para o planeta".

A concelleira sinalou que a utilización dos combustibles fósiles como fonte de enerxía estalles afectando aos bosques, "pulmóns do noso planeta", e levándoos a unha situación de extrema gravidade, que todos coñecemos como cambio climático, pero cuxas devastadoras consecuencias empezamos a notar día a día.

Para Fontán, camiñar cara a unha enerxía verde non é só un reto, é unha necesidade ineludible: "Xerar electricidade e enerxía limpa poñéndolles coto aos gases de efecto invernadoiro é falar de mobilidade e de industria e dun modo de vida alternativo e sustentable".

A concelleira apuntou que unha economía descarbonizada non resulta en principio barata pero os problemas dos elevados custos de produción non poden ser considerados como un obstáculo senón como un reto. E lembrou que tal e como xa dixera a ministra para a Transición Ecolóxica. "se o fixemos coas renovables podemos facelo co hidróxeno verde". Sinalou que países como Xapón deron grandes pasos na súa utilización e Estados Unidos, Alemaña ou China xa contan con trens que funcionan con este elemento.

A edila recordou que España investirá más de 1.500 millóns de euros procedentes de fondos europeos até 2023 para impulsar a implantación do hidróxeno verde. As comunidades autónomas, dixo, teñen un papel central neste proceso e Galicia posúe unhas condicións excelentes para encabezar este reto.

En 2016 a EDAR Bens xunto a Naturgy e EnergyLab puxo en marcha a Unidade Mixta Gas Natural Renovable, un programa piloto para a xeración de biometano a partir do biogás que se produce no proceso de depuración de augas residuais. Un proxecto que ten dúas liñas prioritarias de traballo: a inxección á rede do gas renovable e o seu uso como combustible en mobilidade sustentable.

O acto contou coa presenza do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía e Emprego da Xunta, Francisco Conde; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o director xeral da EDAR Bens, Carlos Lamora; o director xeral de Enerxía e Redes de Naturgy, Pedro Larrea; o director técnico de EnergyLab, Gerardo Rodríguez; o responsable do proxecto de hidróxeno verde de Naturgy, John Chamberlain, e o responsable da Área de Mobilidade e Infraestruturas de EnergyLab, David Meana.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión