Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2020

A “Escola de Verán en Consumo” da Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) do Concello de A Coruña comezou a súa andaina outro ano máis.

O mércores 1 de xullo ás 08.30 h chegaron as/os primeiras/os participantes ao Centro de Emprego dos Rosales onde se realiza este ano debido á situación excepcional xerada pola COVID-19. Esta nova localización permitiu adaptar mellor o funcionamento da Escola aos protocolos e medidas de seguridade marcados para realizar este tipo de actividades.

Durante todo o mes en horario de 08.30 a 14.00 h de luns a venres 60 pequenas/os de entre 4 e 10 anos participan de diversas actividades lúdico-didácticas como obradoiros, xincanas, sesións de xogos, visitas educativas e saídas... todas elas coa temática da "educación para o consumo responsable". As actividades variarán segundo a temática quincenal escollida de "Consumo e as novas tecnoloxías" para as 15 primeiras xornadas e o "Consumo e a alimentación saudable" para as 15 últimas.

Para máis información pódese consultar a web da OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981 189 820.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión