5 de xuño de 2020
A alcaldesa e varios membros do Goberno local reuníronse esta mañá coa directiva da Lonxa da Coruña para abordar o borrador desta iniciativa “que busca potenciar o peixe descargado na Coruña, en sintonía con outras que atenden á gastronomía propia da zona”
A alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, o concelleiro de Turismo, Juan Borrego, a concelleira de Innovación, Industria e Emprego, Eva Acón, e a xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, reuníronse esta mañá co presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, o vicepresidente da Lonxa da Coruña, Torcuato Teixeira, e outras persoas representantes da entidade, co fin de apoiar un selo distintivo que recoñeza e promova o produto descargado na nosa lonxa.
Na reunión abordáronse as principais liñas do borrador desta iniciativa, que está impulsada pola FREMSS (Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social) e que conta co apoio do Concello da Coruña ao asociarse a calidade do produto do sector pesqueiro coruñés coa marca da cidade.
Segundo a alcaldesa, quen tamén pertence ao patronato da FREMSS, "trátase dun distintivo que recoñecerá a calidade do produto descargado na Coruña, en sintonía con outros que atenden á gastronomía propia da zona, e que conta coa participación do propio sector pesqueiro", e "para materializalo será necesario que o peixe e o marisco da lonxa coruñesa sexa etiquetado con este distintivo na propia instalación portuaria". Ademais, Rey considera que "esta marca é importante para poñer en valor o noso produto e darlle un empuxe ao noso sector pesqueiro, un dos principais motores económicos da cidade".
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible