Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2020

A mostra “Riazor 75: recordos dun océano de soños” abrirá as súas portas o 18 de xuño no Quiosco Alfonso

A exposición, coorganizada polo concello e o R.C. Deportivo, poderá visitarse ata o vindeiro 2 de agosto en horario de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h

O Quiosco Alfonso albergará desde o vindeiro 18 de xuño até o 2 de agosto a exposición 'Riazor 75: recordos dun oceáno de soños', na que as e os afeccionados poderán rememorar a historia do estadio branquiazul que hai uns meses cumpriu 75 anos.

A Fundación R.C. Deportivo organiza, xunto ao Concello da Coruña, unha mostra cuxo eixe principal son 75 partidos protagonizados polo conxunto branquiazul sobre o céspede do recinto municipal. A exposición tamén terá espazo para outro tipo de competicións que tiveron lugar en Riazor ao longo destes 75 anos, como partidos de seleccións, torneos de verán ou a Copa do Mundo do 1982.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, "o Deportivo reflicte parte da historia da nosa cidade, 75 anos de datas memorables, emocións inesquecibles e grandes personalidades que xiran ao redor da historia do Estadio de Riazor".

Preto de 90 obxectos, entre os que se encontran camisetas, trofeos, entradas ou bandeirolas, e máis de 70 fotografías, ademais de 6 ilustracións de gran formato, acompañarán as persoas visitantes no seu percorrido pola historia do Estadio de Riazor. Varias pantallas tamén amosarán imaxes de competicións e eventos que tiveron lugar no recinto, así como planos xerais ou aéreos e mesmo de diferentes obras. Unha destas pantallas reproducirá unha animación 3D inédita na que se poderá observar con todo luxo de detalles a evolución de Riazor desde que comezaron as obras en 1939 até o seu estado actual.

O icónico Quiosco Alfonso, inaugurado en 1913, e o Deportivo teñen un curioso vínculo nos seus respectivos inicios: a sala de exposicións recibe o seu nome en honor ao rei Alfonso XIII, que catro anos antes concedera o título de Real que o Deportivo segue lucindo máis dun século despois.

Orixinalmente, a apertura da mostra estaba prevista para o pasado 6 de maio, día do 75 aniversario da inauguración oficial de Riazor, pero a exposición tivo que ser suspendida debido á pandemia da COVID-19. Coa previsión de avance nas fases da desescalada, o R.C. Deportivo e o Concello da Coruña acordaron retomala para abrir as súas portas durante un mes e medio, do 18 de xuño ao 2 de agosto. Os horarios de apertura serán de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, de luns a domingo.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión