Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2021

A OMIC atendeu un 90% máis de consultas en liña no ano da COVID-19

Na presentación da memoria do ano 2020, a concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, Diana Cabanas, sinalou que a oficina municipal atendeu 14.781 solicitudes de información e asesoramento e un 35% máis de reclamacións con respecto ao exercicio anterior

A OMIC adaptouse á nova situación derivada da crise sanitaria co fin de garantir a defensa das persoas consumidoras na nosa cidade. Proba disto é que as consultas en liña no ano 2020 aumentaron nun 90% con respecto ao 2019. Así o explicou esta mañá a concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, Diana Cabanas, na presentación da memoria anual da Oficina Municipal de Información Municipal ás persoas Consumidoras do 2020, con motivo do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

A concelleira apuntou que "en 2020, a OMIC consolidou o seu avance e desenvolvemento dixital nas relacións de consumo e na forma e contido das reclamacións". As consecuencias socioeconómicas derivadas da pandemia afectaron especialmente ás relacións do consumo, sinalou Cabanas, xa que "a crise sanitaria provocou cambios tanto na forma como na orixe das consultas e reclamacións que recibimos". De feito, dixo, "no ano 2020 tramitáronse 830 expedientes de reclamacións, un 35% máis que no exercicio anterior". Máis da metade destas reclamacións resolvéronse favorablemente e devolvéronselles un total de 563.750 euros ás persoas que solicitaron este servizo. As persoas consumidoras tamén presentaron máis reclamacións de forma telemática, un 11,5 % máis que en 2019.

A OMIC atendeu 14.781 solicitudes de información e asesoramento de xeito presencial (23%), telefónico (56%) e a través do correo electrónico ou da Sede Electrónica Municipal (21%). Con respecto a 2019, "podemos deducir que a pandemia reduciu as visitas presenciais á OMIC", asegurou Cabanas, quen tamén destacou que "as consultas relacionadas co transporte aéreo, as axencias de viaxes ou os servizos profesionais duplicáronse no último ano". Telecomunicacións, transporte aéreo, banca, axencias de viaxes e comercio electrónico foron os sectores con máis demanda en 2020.

A edila explicou que, ademais de ofrecer información e asesoramento, "na OMIC tamén nos preocupamos pola formación da poboación en materia de consumo", xa que "o fomento dun consumo responsable é unha das prioridades do Goberno de Inés Rey", sinalou. Así, en 2020 realizáronse 345 obradoiros e obtívose unha participación de 5.240 persoas nos programas educativos de Coruña Educa e na Escola de Verán. Os talleres máis demandados foron os de alimentación e novas tecnoloxías.

Segundo estes datos, unhas das principais actuacións levadas a cabo pola oficina consistiu en atender as dificultades da cidadanía ofrecendo toda a información e o asesoramento posible nos sectores máis demandados polas persoas consumidoras, así como a formación en consumo, onde se realizaron un total de 345 obradoiros, cunha participación de 5.240 persoas nos programas educativos Coruña Educa e a Escola de Verán 2020.

En definitiva, "a OMIC tivo en conta as novas necesidades das consumidoras e consumidores da cidade provocadas pola pandemia", dixo a concelleira, "un ano máis procuramos garantir a defensa e a protección das persoas consumidoras intensificando o traballo diario e mellorando os mecanismos cun obxectivo primordial e que a comunicación for o máis rápida e fluída posible".

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión