Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2021

A pandemia lastra os ingresos municipais, que rexistraron no 2020 a maior caída da recadación por taxas e prezos públicos no último lustro

Os peches de actividades e o confinamento supuxeron unha merma de 8 millóns de euros na suma de todas as taxas Os ingresos totais do Concello quedaron en 22,1 millóns de euros por debaixo do previsto

O Goberno municipal cuantificou hoxe o impacto que supuxo a pandemia nas contas públicas. Durante o 2020, o confinamento e o peche de servizos supuxeron unha caída histórica dos ingresos municipais por cobro de taxas e prezos públicos. Nese ámbito, o consistorio sumou 39 millóns de euros, 8 millóns menos que o ano anterior polo mesmo concepto.

En total, a recadación municipal quedou 22,1 millóns de euros por debaixo do inicialmente previsto, cunha recadación neta por ingresos e operacións correntes (impostos, taxas, transferencias doutras Administracións e operacións patrimoniais) de 206 millóns de euros, a cifra máis baixa dos últimos anos.

No resultado económico, explicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, non influiu só o peche de actividades e servizos, coa conseguinte merma na recadación, senón tamén a minoración ou supresión de tarifas aplicadas aos distintos coletivos afectados polas consecuencias da Covid-19.

Así, a redución nos recibos do lixo á hostalaría ou a suspensión do cobro por terrazas, aumentaron a contía final dos fondos previstos e non recadados.

INGRESOS POR TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

2020

2019

2018

2017

2016

39.859.143

47.086.450

47.950.841

45.266.867

46.130.842

"No ano da pandemia, ademais, o Goberno de Inés Rey aprobou unha redución de impostos municipais que supuxo deixar de ingresar outros 650.000 euros", indicou Lage Tuñas, quen destacou que aínda nun contexto financeiro difícil para as contas municipais, o executivo fixo un esforzo extraordinario para poñer en marcha un plan de recuperación, o PRESCO, ao que se destinaron 13,2 millóns de euros.

Ademais, indicou o concelleiro e do voceiro Goberno municipal, durante o 2020 o Concello da Coruña acadou a cifra máis elevada da súa historia en transferencias para o pago de axudas sociais, cifra que chegou aos 34,5 millóns de euros, 3 millóns máis que no ano anterior.

Malia o parón da Administración durante o confinamento, o executivo de Rey, por outra banda, mantivo tamén un elevado volume de investimento público, pechando o exercicio con 21,6 millóns en investimentos reais, cifra que dobra á do ano anterior e que supera tamén, con moito, ás dos anos 2016 e 2017.

"Nun ano coma o 2020, con moitos cidadáns pasando por unha situación moi complicada, entendiamos que era a nosa obriga destinar todos os nosos recursos e todos os nosos esforzos a facer fronte aos efectos da pandemia", indicou Lage Tuñas. "O Concello foi moito máis alá das súas competencias, asumindo axudas e investimentos ante a tardanza da Xunta na toma das decisións", explicou o edil.

Lage Tuñas recordou tamén que, a diferenza da Administración autonómica, os concellos non recibiron ningún tipo de ingresos extraordinarios por mor da pandemia e para lle faceren fronte. "A Xunta aprobou os orzamentos máis altos da súa historia grazas ás transferencias do Estado para atallar as consecuencias sociais e económicas da Covid-19, é hora de que se vexan eses investimentos", indicou Lage Tuñas, quen pediu tamén ao Goberno galego que dote de máis medios aos concellos, a Administración máis cercana aos cidadáns, para atallaren a crise.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión