Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2021

A Policía Local corta o tráfico na avenida da Concordia pola rotura dunha tubaxe de saneamento

O persoal técnico de Infraestruturas traballa xa no lugar para substituír o colector danado e calcula que en dúas semanas deberían estar os traballos rematados

A Policía Local tivo que cortar o tráfico este mediodía debida a unha rotura nas tubaxes da rede de saneamento da avenida da Concordia coa avenida da Pasaxe. Ao se rachar o colector e botar todo o contido para fóra, abriuse o pavimento na zona, polo que se procedeu a impedir a circulación de vehículos no acceso á avenida da Pasaxe. Xa se reabriu, iso si, o tráfico no sentido de baixada entre a rúa da Mercé e a avenida da Pasaxe. O transporte público estase desviando por Casabranca e Monte das Moas.

Pola súa parte, o persoal técnico municipal de Infraestruturas xa está traballando no lugar para solucionar canto antes esta incidencia. Nun prazo aproximado de dúas semanas, contan con substituír este elemento. Até alí desprazaron a maquinaria precisa co fin de instalar máis de 20 metros lineais de tubaxe nova.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión