Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2021

A Policía Local multou na tarde do venres a 46 persoas por infrinxir as medidas anticovid

Os axentes interpuxeron 2 denuncias a un local de hostalería onde se tramitaron 23 sancións, “todos os clientes menos un cometían polo menos una infracción” Durante a fin de semana a Policía Local continuará con controis e inspeccións con axentes de paisano e uniformados para que se respecte a normativa

A Policía Local multou na tarde do venres a 46 persoas por infrinxir as medidas ditaminadas polo goberno autonómico para combater a propagación da Covid-19: 18 denuncias por non empregar máscara, 14 por reunirse en grupos de máis de 4 persoas non conviventes, 5 por realizar botellón, 5 por fumar na vía pública ou en terrazas de locais de hostalaría sen respectar ou garantir a distancia mínima de seguridade con outras persoas, 2 por non respectar o peche perimetral da cidade (as persoas denunciaban intentaban entrar no término municipal sen causa legal xustificada) e 2 denuncias a un local de hostalaría.

A Policía Local constatou que neste local hostaleiro estábase consentindo de maneira manifesta e xeralizada que os clientes non levaran a máscara e, ademais, excedía a capacidade máxima permitida nas terrazas (50%), onde tamén se estaba permitindo o consumo de pé aos clientes. Neste mesmo establecemento, con licenza de café bar, tramitáronse 23 denuncias xa que "todos os clientes menos un cometían polo menos unha infracción", sinalaron os axentes da Policía Local.

Neste dispositivo especial que o Concello da Coruña activou na tarde de onte tamén cabe destacar unha intervención no centro comercial do Ventorrillo, onde había unha concentración non autorizada de rapaces e rapazas (algunhas destas persoas realizaban botellón) que se saldou con 15 denuncias. Nesta mesma inspección tamén se interpuxeron 4 denuncias por outro tipo de infraccións non relacionadas coas medidas anticovid: 2 por beber alcohol a menores de idade e outras 2 sancións con actas de incautación por consumir ou portar en espazos públicos substancias estupefacientes.

Durante a fin de semana a Policía Local continuará con controis e inspeccións con axentes de paisano e uniformados para que se respecte a normativa de prevención de contaxios por coronavirus, especialmente nas zonas de previsible concentración de persoas, nas contornas de centros ou zonas comerciais, nas zonas de concentración de locais de hostalería e nas zonas de reunión da mocidade para realizar botellón.

230 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión