Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2021

A Policía Local puxo 28 sancións esta fin de semana durante un dispositivo especial no Polígono de Vío

Tamén realizou un dispositivo extraordinario para o control e a prevención do consumo de alcohol e drogas ao volante en diferentes puntos da cidade

A Policía Local da Coruña informa de que o pasado venres, na xornada da tarde, levouse a cabo un dispositivo especial en diferentes puntos da cidade para previr o consumo de alcohol e drogas na condución.

Tamén se levou a cabo un dispositivo extraordinario de control e verificación de vehículos no Polígono de Vío, ante a constancia dunha concentración de vehículos en que persoas condutoras destes realizaban manobras temerarias e neglixentes e que poñen en risco a seguridade viaria. Así, tamén houbo queixas das e dos veciños das vivendas máis próximas ao lugar polas molestias derivadas polo alto volume da música, derrapaxes e aceleracións que realizaban algunhas persoas condutoras ao circularen cos seus vehículos.

Desde a Área de Seguridade Cidadá lembran que os viarios e terreos que integran este polígono forman parte do viario municipal, son vías abertas ao tráfico e á circulación en que rexen e son de aplicación as normas de seguridade viaria derivadas da Lei de tráfico e seguridade viaria, o Regulamento xeral de circulación, a Ordenanza municipal e demais normativas aplicables.

Durante o control realizado, sinalan desde a Policía Local, realizáronse comprobacións referidas aos vehículos e persoas condutoras, así como das medidas ditaminadas polas autoridades sanitarias por mor da pandemia da Covid-19. Tramitáronse 28 denuncias: 10 por non ter pasada a ITV, 1 por non ter o seguro do vehículo ao corrente, 8 por condución temeraria, 6 por reformas de importancia, 1 positivo en drogas, 1 positivo en alcohol e 1 por aparcar en dobre fila.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión