Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2020

A primeira quenda dos guías informativos nas praias municipais remata mañá

Desde a Concellería sinalan que, tengo en conta que agosto é un mes de gran afluencia na cidade e por conseguinte nas praias, está prevista unha segunda quenda de guías informativos para os primeiros días deste mes estival

A causa das medidas establecidas na loita contra a Covid-19, o Concello da Coruña a través da Concellería de Medio Ambiente instalou un novedoso sistema de control de aforo de praias coa finalidade de contribuir, entre outas cousas, á necesaria distancia interpersoal nos areais como medio para evitar a propagación do virus.

Precisamente pola novidade deste sistema, e para facilitar a familiarización con este, ademais da web www.controlpraias.coruna.gal, dispúxose desde o 26 de xuño un servizo de guías informativos en cada unha das entradas habilitadas nas praias municipais, en horario partido de mañá e de tarde. Este grupo de profesionais recibiron a formación necesaria para respostar a todas as dúbidas das persoas usuarias dos nosos areais tanto nas medidas de seguridade e salubridade coma sobre o funcionamento do sistema de control. Cabe destacar que a súa función non foi en ningún momento a de exercer de gardas de seguridade impedindo a entrada ás praias cando a capacidade destas sobrepasaba o límite, posto que esta función queda reservada á Policía Local.

Mañá, 12 de xullo, remátase esta primeira quenda "convencidos de que os coruñeses e coruñesas xa coñecen o funcionamento do sistema de control de aforos e que respectarán ao máximo as zonas de entrada e de saída de cada unha das praias, así como as indicacións dos semáforos instalados, evitando deste xeito a intervención da Policía Municipal", asegura a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

Desde a Concellería sinalan que, tengo en conta que agosto é un mes de gran afluencia na cidade e por conseguinte nas praias, está prevista unha segunda quenda de guías informativos para os primeiros días deste mes estival.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión