Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de febreiro de 2020

A rúa da Torre vive mañá a súa xornada máis festiva do Entroido

En caso de que a choiva acompañe na xornada, as actividades que están programadas no Campo da Leña trasladaranse ao patio do Colexio Grande Obra de Atocha

O barrio de Monte Alto, e especialmente a rúa da Torre e os arredores, viven mañá a súa xornada máis festiva do Entroido coruñés, que comeza ás 10.00 h co tradicional Torneo Choqueiro de Petanca, nas pistas de petanca de Santo Amaro. As inscricións poden realizarse a través do Facebook e Twitter do Club Petanca Coruña.

A continuación, ás 11.30 h terá lugar a Festa infantil con inchables no Campo da Leña. En caso de que chova, a organización informa de que todas as actividades programadas no Campo da Leña trasládanse ao patio do Colexio Grande Obra de Atocha. Ás 12.20 h retransmitirase en directo o programa "Hoy por hoy Coruña" de Radio Coruña Cadena SER, tamén no Campo da Leña, coa localización suxeita a cambios.

As ofrendas florais da xornada dedicadas a grandes personaxes do Entroido coruñés darán comezo ás 12.00 h coa homenaxe a Fernando Amaro "Cantero", na rúa Areal, onde se colocará unha placa de recoñecemento. A continuación terán lugar as ofrendas a Canzobre (praza do Parqu), César San José (rúa San Xosé) e Juan Manuel Iglesias Mato "Palau" (praza Juan Iglesias Mato).

Ás 17.00 será o Concurso Infantil de Disfraces no Campo da Leña e, en caso de choiva, no patio do colexio. As nenas e nenos participantes poderán inscribirse unha hora antes do inicio na oficina instalada ao lado do escenario. As modalidades nas que se compite serán de disfraces en xeral, a de choqueiro e a individual e grupo (dúas ou máis persoas).

As entregas de premios do concurso de disfraces infantil será no patio do Colexio Grande Obra de Atocha e as do desfile de choqueiros será no palco que se localizará no Campo de Marte.

A música asolagará durante toda a tarde a rúa da Torre e os arredores coa banda de gaitas e cabezudos amenizando a xornada e co concerto de "Gandy y La Banda del Camión".

ALTERACIÓNS LIÑAS DE AUTOBUSES URBANOS

Con motivo da celebración das actividades do Entroido e cortándose ao tráfico a Rúa da Torre (desde a Avda. de Hércules), Praza de España, Panadeiras,  Cordonería e San Andrés (ata rúa Sol), o martes 25 de febreiro a partir das 15:30h, aproximadamente, produciranse as seguintes alteracións no transporte urbano:

• As liñas 4, 6 e 6A circularán desde San Andrés e Rúa Alta polo Paseo Marítimo cara á glorieta da Torre, glorieta de Torrente Ballester continuando polo Paseo Marítimo cara á rúa Beiramar para incorporarse ao seu itinerario habitual na rúa Orillamar.

• As liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 circularán desde a Avda. de Hércules cara á Praza de Pontevedra por Ramón del  Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta Goicouría á Praza de Pontevedra onde recuperan os seus itinerarios habituais, farase unha para ao comezo da  rúa Ramón del  Cueto.

• Nota importante: As liñas 4, 6, 6A, 7 e 11, ao acceder a Praza de Pontevedra por Modesta Goicouría non poden facer a parada do instituto Eusebio da Guarda, polo que a farán fronte ás oficinas do Deportivo (Arenal).

• A liña 17 circulará desde a Avda. de Hércules por Ramón del  Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo (cara á Torre de Hércules), continuando polo Paseo Marítimo cara á rúa  Beiramar e incorporándose en Metrosidero ( Maestranza) ao seu itinerario habitual.

• A liña 5 con saída de Durmideiras continuará pola Avda. de Navarra e rúa da Torre incorporándose á Avda. de Hércules para baixar por Ramón do  Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta  Goicouría á Praza de Pontevedra (parada do Deportivo-Arenal) onde recupera o seu itinerario habitual.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión