24 de febreiro de 2020
En caso de que a choiva acompañe na xornada, as actividades que están programadas no Campo da Leña trasladaranse ao patio do Colexio Grande Obra de Atocha
O barrio de Monte Alto, e especialmente a rúa da Torre e os arredores, viven mañá a súa xornada máis festiva do Entroido coruñés, que comeza ás 10.00 h co tradicional Torneo Choqueiro de Petanca, nas pistas de petanca de Santo Amaro. As inscricións poden realizarse a través do Facebook e Twitter do Club Petanca Coruña.
A continuación, ás 11.30 h terá lugar a Festa infantil con inchables no Campo da Leña. En caso de que chova, a organización informa de que todas as actividades programadas no Campo da Leña trasládanse ao patio do Colexio Grande Obra de Atocha. Ás 12.20 h retransmitirase en directo o programa "Hoy por hoy Coruña" de Radio Coruña Cadena SER, tamén no Campo da Leña, coa localización suxeita a cambios.
As ofrendas florais da xornada dedicadas a grandes personaxes do Entroido coruñés darán comezo ás 12.00 h coa homenaxe a Fernando Amaro "Cantero", na rúa Areal, onde se colocará unha placa de recoñecemento. A continuación terán lugar as ofrendas a Canzobre (praza do Parqu), César San José (rúa San Xosé) e Juan Manuel Iglesias Mato "Palau" (praza Juan Iglesias Mato).
Ás 17.00 será o Concurso Infantil de Disfraces no Campo da Leña e, en caso de choiva, no patio do colexio. As nenas e nenos participantes poderán inscribirse unha hora antes do inicio na oficina instalada ao lado do escenario. As modalidades nas que se compite serán de disfraces en xeral, a de choqueiro e a individual e grupo (dúas ou máis persoas).
As entregas de premios do concurso de disfraces infantil será no patio do Colexio Grande Obra de Atocha e as do desfile de choqueiros será no palco que se localizará no Campo de Marte.
A música asolagará durante toda a tarde a rúa da Torre e os arredores coa banda de gaitas e cabezudos amenizando a xornada e co concerto de "Gandy y La Banda del Camión".
ALTERACIÓNS LIÑAS DE AUTOBUSES URBANOS
Con motivo da celebración das actividades do Entroido e cortándose ao tráfico a Rúa da Torre (desde a Avda. de Hércules), Praza de España, Panadeiras, Cordonería e San Andrés (ata rúa Sol), o martes 25 de febreiro a partir das 15:30h, aproximadamente, produciranse as seguintes alteracións no transporte urbano:
• As liñas 4, 6 e 6A circularán desde San Andrés e Rúa Alta polo Paseo Marítimo cara á glorieta da Torre, glorieta de Torrente Ballester continuando polo Paseo Marítimo cara á rúa Beiramar para incorporarse ao seu itinerario habitual na rúa Orillamar.
• As liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 circularán desde a Avda. de Hércules cara á Praza de Pontevedra por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta Goicouría á Praza de Pontevedra onde recuperan os seus itinerarios habituais, farase unha para ao comezo da rúa Ramón del Cueto.
• Nota importante: As liñas 4, 6, 6A, 7 e 11, ao acceder a Praza de Pontevedra por Modesta Goicouría non poden facer a parada do instituto Eusebio da Guarda, polo que a farán fronte ás oficinas do Deportivo (Arenal).
• A liña 17 circulará desde a Avda. de Hércules por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo (cara á Torre de Hércules), continuando polo Paseo Marítimo cara á rúa Beiramar e incorporándose en Metrosidero ( Maestranza) ao seu itinerario habitual.
• A liña 5 con saída de Durmideiras continuará pola Avda. de Navarra e rúa da Torre incorporándose á Avda. de Hércules para baixar por Ramón do Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta Goicouría á Praza de Pontevedra (parada do Deportivo-Arenal) onde recupera o seu itinerario habitual.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible