Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2020

A ruta xacobea pasa pola Real Academia de Belas Artes coa exposición “Facer camiño”

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, participou na inauguración da mostra protagonizada por pintoras/es, escultoras/es e fotógrafas/os do país

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, acudiu esta tarde á inauguración da exposición itinerante "Facer camiño", na sede da Real Academia Galega de Belas Artes, nun acto en que tamén participaron o presidente da institución, Manuel Quintana Martelo, e o conselleiro de Turismo en funcións, Román Rodríguez. A mostra, que se enmarca no programa do Xacobeo 2021, está composta por 23 pezas entre pinturas, esculturas e fotografías, que se inspiran no Camiño de Santiago. Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguelanxo Prado forman parte desta colectiva que está percorrendo toda Galicia.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión