Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2020

A sala de exposicións municipal Salvador de Madariaga divulga o quinto centenario da presenza de Carlos I na Coruña

A alcaldesa destaca que a exposición, organizada por Concello e Sociedade Filatélica, “concorda coa nosa intención de pór en valor a historia da cidade”

A sala de exposicións municipal Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10) abre o público desde mañá a exposición 'V Centenario de Carlos I na Coruña', organizada pola Sociedade Filatélica e o Concello da Coruña e que permanecerá aberta ata o 29 de novembro, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.

Deste xeito, a tradicional mostra da Sociedade Filatélica en outono volve ter como motivo central unha efeméride coruñesa, neste caso a presenza de Carlos I na cidade, da que partiu rumbo a Flandes en 1520, saíndo desde a porta do Parrote. O monarca viña de Compostela, onde negou representación propia a Galicia nas Cortes, e viaxou ata A Coruña, á que lle concedeu permiso para celebrar un mercado franco os sábados, fundamental actividade económica na época.

Na mostra expóñense 24 coleccións e pódense tamén contemplar vitrinas con documentos e moedas acuñadas nos principais dominios do primeiro dos Habsburgos españois. A mostra, así mesmo, contará co seu propio mataselos.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, a exposición "concorda coa nosa intención de difundir e poner en valor a historia e o patrimonio da cidade, unha liña de actuación cultural que desexamos converter en prioritaria".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión