Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2020

A Xunta de Voceiros estuda novas medidas fiscais para paliar o impacto económico desta crise

Na reunión desta mañá, as e os representantes das distintas forzas políticas analizaron varias propostas co fin de reactivar os diferentes sectores tras o parón e afastar do perigo as persoas en risco de exclusión social

A Xunta de Voceiros reuniuse de novo esta mañá para debater conxuntamente propostas que supoñan un beneficio para a economía desta cidade tras o impacto derivado da crise sanitaria actual. O concello está estudando, tal e como o expresou o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, futuras medidas de cara a paliar as consecuencias do parón nas arcas municipais e para tratar de destinar os máximos recursos á veciñanza máis vulnerable. 

As e os representantes das distintas forzas políticas analizaron posibles políticas de investimento para que os sectores que moven a economía da cidade poidan retomar a súa actividade. Tamén barallan aprobar novas medidas fiscais que afasten do perigo as persoas en risco de exclusión social. Ademais, a alcaldesa, Inés Rey, e o voceiro municipal, José Manuel Lage, informaron das novidades con respecto á situación de confinamento e mais da evolución dos servizos que o concello ten en marchar para lle dar cobertura á cidadanía.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión