1 de agosto de 2020
A concelleira sinalou que “temos unha chea de motivos para agrandar as nosas bibliotecas” nunha cita en que catro editoriais e doce librarías ofrecerán as novidades literarias e máis de cen de escritoras/es asinarán exemplares até o 10
A concelleira Eva Acón participou esta mañá na inauguración da 49 Feira do Libro, en que se darán cita máis de cen escritoras e escritores até o 10 de agosto e na que haberá un total de 16 expositores, dos que catro son editoriais e doce corresponden a librarías. A edil falou da necesidade de apoiar a cultura e a todos os axentes que a axitan porque "ler é soñar e estarmos noutrora, en lugares que só existen na imaxinación e ao lado de personaxes cos que nos rir e chorar". Acón animou á veciñanza a que pasee entre os volumes e respire vida nestes días en que as novelas nos saúdan ao paso e "temos unha chea de motivos para agrandar a nosa biblioteca". Na presentación estiveron presentes tamén Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Librarías de Galicia; o deputado Xurxo Couto, e o director xeral de Politícas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, así como varios representes da corporación e a coordinadora Nani Regueira, entre outros.
A escritora coruñesa Érica Esmorís recordou en calidade de pregoeira a súa nenez na Coruña cando os xardíns da súa infancia eran conquistados polos libros para definir a fila de casetas instaladas en Méndez Núñez como unha península: "As e os coruñeses non somos insulares grazas aos libros". A autora sinalou que, para ela, a feira era e é infinita polas "infinitas posibilidades" que ofrece e convidou ás e aos coruñeses a que escollan un libro que os pertence: "Pertencédesvos mutuamente".
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible