29 de xaneiro de 2020
Para poñerlle imaxe á cita de marzo na Coruña, o deseñador coruñés xogou con oito puntos e un máis central, que son os equipos que competirán polo trofeo e a bóla e que conforman unha figura octogonal como a da planta da Torre de Hércules, atravesada por dous sticks
O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá o cartel da Copa do Rei e da Raíña de Hóckey patíns, que terá lugar na Coruña do 19 ao 22 de marzo, un deseño de Antón Lezcano en que concentra a esencia dun deporte que, para el é redondo, en puntiños coas cores do Estado e as galegas, colocadas de tal xeito que debuxan unha figura octogonal como a planta da Torre de Hércules. O edil recordou que hai dez anos que a Real Federación Española de Patinaxe non elixe como sede esta cidade "onde o stick forma parte do noso imaxinario" e desexou que o campionato teña un final feliz e a copa quede cerca da Torre.
Pola súa parte, Antón Lezcano explicou que a composición vén daqueles partidos que viviu sendo pequeno no Pavillón dos Deportes, onde os círculos delimitan a pista de parqué, que tamén está de fondo, e sobre a que superpuxo ese octágono en que cada círculo é un dos oito equipos masculinos e oito femininos que disputarán o trofeo cunha bóla no centro e dous sticks: "Ten certo toque vintage e lembra a eses carteis dos anos 80 e 90". No acto, tamén participou o vicepresidente do Deportivo Liceo, Emilio Fernández, quen explicou que quixeron contar coa creatividade de Lezcano despois do éxito dunha campaña anterior realizada por el para a captación de persoas afeccionadas e afeccionados/as ao hóckey. Mañá terá lugar ás 12.00 horas no salón de plenos de María Pita o sorteo da primeira rolda de partidos.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible