8 de setembro de 2020
O Concello decidiu suspender as actividades nestes dous centros até que a situación epidemiolóxica permita aumentar a capacidade das clases
Por mor da pandemia da COVID-19 e ás recentes medidas restritivas que afectan ás actividades culturais ditadas polas autoridades sanitarias, e que supoñen unha redución a nove persoas por obradoiro, a empresa concesionaria do Progama de Ocio de Outono no Fórum Metropolitano e o Centro Ágora presentou a solicitude de suspensión do contrato ao pasaren de preto de 3.500 a 810 prazas. Deste xeito, o IMCE e mais o Concello da Coruña decidiron aprazar as actividades até que a situación epidemiolóxica mellore e poidan aumentar a capacidade nas clases.
O programa de ocio cultural e social que promove o Concello nestes dous centros ten como obxecto darlles alternativas ao tempo libre aos e ás cidadás con propostas innovadoras e actividades culturalmente enriquecedoras e que permitan realizar unha acción compensatoria que favoreza a poboación con menos recursos formativos. Confórmase de obradoiros e clubs pensados para a adquisición de capacidades, que fomenten a convivencia e a sociabilidade das e dos participantes, potenciando a relación e atendendo á diversidade e á integración das persoas.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible