Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2020

Arrincan na Coruña as ligas de traiñeiras tras a pandemia da COVID-19

A competición comeza mañá ás 17.40 horas na enseada do Orzán. As e os deportistas gardarán un minuto de silencio en recordo das vítimas do coronavirus.

Esta mañá tivo lugar en María Pita a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) para a realización da IV Bandeira Cidade da Coruña, que arrinca mañá na enseada do Orzán, e que supón o inicio da tempada das principais competicións de traiñeiras, as ligas Eusko Label masculina e Euskotren feminina, que estivo marcada polo parón debido á pandemia da COVID-19. Na firma estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego; a xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, e o presidente da ACT, Borja Rodrigo.

O concelleiro quixo destacar a importancia de que A Coruña acolla un evento deportivo destas características, que tan só co persoal traballador da organización e as e os deportistas mobiliza máis de 1.000 persoas na primeira fin de semana de xullo, en que se espera recibir a moitas e moitos visitantes procedentes do País Vasco.

Un total de doce traiñeiras masculinas e catro femininas moverán por primeira vez os seus remos na IV Bandeira Cidade da Coruña tras o parón destes meses. Segundo o sorteo realizado a pasada semana, a primeira xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña comezará ás 18.00 horas coa primeira serie formada por Ares, Donostiarra, Ondarroa e Orio. Na segunda remarán Lekittarra, Santurtzi, Cabo e Zarautz, e na última, Hondarribia, Kaiku, Urdaibai e Zierbena. Vinte minutos antes disputarase a primeira xornada da liga Euskotren feminina. O domingo a saída para os equipos femininos será ás 11.40 horas, e vinte minutos máis tardes será a quenda dos equipos masculinos. A entrega das bandeiras terá lugar unha vez que finalicen as series, aproximadamente ás 12.00 e 14.00 horas. As persoas organizadoras indicaron que tanto o sábado como o domingo ao comezo de cada regata gardarase un minuto de silencio en recordo das vítimas do coronavirus.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión