Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2020

As Bibliotecas Municipais ofrecen un servizo de consulta para axudar as persoas vulnerables cos trámites en liña

Desde o Servizo Municipal de Bibliotecas sinalan que “o obxectivo é contribuír cos nosos recursos e competencias a axudar a paliar a situación actual que está a ameazar os colectivos máis vulnerables”

O proceso de dixitalización dos trámites administrativos, impulsado polas medidas fronte á crise sanitaria actual, está a aumentar a fenda dixital entre os colectivos máis vulnerables que tamén son os que precisan realizar máis trámites para recibiren servizos básicos. As Bibliotecas Municipais da Coruña, conscientes desta necesidade social, ofrecen un servizo de atención tecnolóxica ao que calquera persoa pode acudir para resolver as súas dúbidas e problemas, tanto para tramitar en liña prestacións sociais básicas como para obter os documentos e certificados esixidos. A alcaldesa e responsable de Cultura, Inés Rey, sinalou que cómpre evitar que se produzan máis desigualdades e "desde o Concello poremos ao dispor das coruñesas e coruñeses todos os medios para lles resolver calquera tipo de xestión e que non queden atrás".

Desde o Servizo Municipal de Bibliotecas sinalan que "o obxectivo é contribuír cos nosos recursos e competencias a axudar a paliar a situación actual que está a ameazar os colectivos máis vulnerables".

En cada biblioteca municipal da cidade unha persoa experta atenderá de xeito persoal e individual as cuestións que puideran xurdir neste ámbito, como tamén as referidas a outros aspectos tecnolóxicos como son os dispositivos electrónicos, redes sociais, ferramentas, páxinas web etc.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión